Menu Xerais

O trinta aniversario de Xerais nos medios

Diversos medios fanse eco da noticia do trinta aniversario da editorial. Así Vieiros, que entrevista a Manuel Bragado, salienta que con este motivo «Xerais lanza no seu 30 aniversario os priemiros ebooks galegos». Pola súa banda, Xornal de Galicia recorda que «Edicións Xerais celebrou onte o 30 aniversario da súa fundación», o mesmo que realiza A Nosa Terra. Outrosí sucede con A Peneira e coa axencia Europa Press que deu conta da nova, así como os xornais El Progreso, Diario de Pontevedra, Diario de Ferrol e El Ideal Gallego que se fan eco da noticia nas súas edicións impresas. A todos eles agradecemos o seu interese.

Comentarios pechados