Menu Xerais

“O único que queda é o amor”

O blogueiro Arume dos Piñeiros publica unha longa e moi traballada crítica sobre O único que queda é o amor, o libro de relatos máis recente de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell. Recollemos o derradeiro parágrafo dun texto moi interesante:

“AFP é autor vencellado á literatura xuvenil: os seus libros son devorados polos mozos porque están construidos cunha sinxeleza e cunha eficacia narrativa extraordinarias. Este libro tal vez sexa considerado nesa liña, porque desde un punto de vista editorial, se cadra coas ilustracións (magníficas por outra parte), pode dar a impresión de libro para a mocidade. Non adiviño a intención da editora, pero é evidente que é un libro que non debe ser esquecido polos adultos. AFP compón un retrato por veces terrible do paso do tempo: terrible por melancólico, por trazar vidas que puideron ser e ao cabo non foron. “O único que queda é o amor” declara o título: estimo que AFP quere crer que coas palabras así pronunciadas conxura ao tempo e á morte. Pero da lectura dos seus textos, eu creo que o único que queda (afortunadamente) son as palabras, as súas palabras. E moita nostalxia, moita tristura, moita melancolía.”

Comentarios pechados