Menu Xerais

O valor do teatro en pequeno formato. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre o «VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico»

Xosé Manuel Eyré escribiu dúas anotacións no seu blog comentando o o VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico.

Os límites do teatro ou onde está a poesía

Ando a voltas co VI Premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural.

O primeiro que escoitei/lin foi o Poema sinestésico para tres voces de Eva Ferreira.

Lembro que onte, e antonte, tiña entre mans poesía punki de Samuel L. París.

Vendo que a peza de Eva Ferreira carce de acción, entendida á clásica, e que esta se substitúe por fortes e rebeldes doses poéticas, a primeira idea que se che aparece é a adxectivala como punki tamén. Porén, o espirito que latexa…Porén, en todo caso, o punkismo treatral está invenatdo desde hai moito tempo, polo menos desde o teatro do absurdo. Que si, é o que mellor lle acae á peza, linda peza de Eva Ferreira.

A linda peza de Eva Ferreira xa se anuncia como poema sinestésico para tres voces. Poema. Porque a conexión entre a poesía e o teatro do absurdo non me parece discutíbel. Precisamente, o perigo da poesía punki está en que a xente a tome como exercicio risíbel; porque a poesía, nos discursos punk, non está non está no texto ( ou non só) senón sobre todo detrás do texto, hai que procurala e pode haber quen, cegado pola necesidade e espectacularidade do riso, quede só niso.

E tamén aquí, na linda peza de Eva Ferreira, hai que procurala. E quen o faga non se arrepentirá e terá esta peza, esta linda peza, como unah vivencia extraordinaria.

Extraordinaria, porque o é.

Teatro do absurdo, radiofónico, hailles ben pouquiño.

Outra vez abrindo mares.

 

Que pasa aí?

Intercom-baby ( Marian Bañobre e Santiago Cortegoso ) é o premio da audiencia no VI Premio de Teatro Radiofónico Diario Cultural, outra delicatessen radiofónica e teatral que  é pecado deixar escapar.

Nas distancias breves poden producirse xoias dunha intensidade só comparábel aos quilates da beleza exquisita. Porque hai, na autoría, na súa confección unha precisión, no manexo dos tempos e a gradación sa emotividade do texto, quizá máis propia dun alquimista que da matemática que pode suxerir o feito de seguir unha fórmula preestablecida e ben coñecida.

Como tal é este o caso. O paso de momentos distendidos, a outros que cada vez son máis dramáticos e que van resultar nunha traxedia ( en todo o sentido da palabra)…de novo non ten nada. Mais, neste caso particular, contamos tamén co engadido da densidade sonora que os actores prestan ao texto. Algo absolutamente fundamental, esta densidade sonora, e que vai máis alá de seren simple soporte auditivo do texto. Porque convidan a soñar, a imaxinar; distenden e tensan a atención do lector/oínte, e deste xeito a sorpresa final sobrecolle máis e mellor, ademais de que fan posíbel un alto grao de vivencia, por parte do lector/oínte, do texto.

Xa o teño dito. Non se debería ignorar, e si valorar cada vez máis, o que este teatro de pequeno formato, este Teatro Mínimo, achega á propia historia do teatro galego, materializándose esta achega, queremos salientar agora, no contributo con que implementa e complementa a propia formación dos profesionais do teatro. No caso de Eva Ferreira, que comentamos aí atrás, non é o seu precisamente nome que non lembremos os adictos ao teatro radiofónico, pois debe lembrarse que Eva Ferreira é directora de escena e dramaturga (Escola Superior de Arte Dramática, Vigo) xa nos deixara, en anteriores edicións, Cómo eliminar as manchas de vómito,O xou mas gou on e 1073; na actualidade, dirixe a obra Edison que ten previsto estrear no Teatro Ensalle de Vigo e coa que se presentará a compañía Demolicións Ferreira e Compañía; ollo, é moi posíbel que toda esta experiencia vencellada ao teatro radiofónico de deixe notar…

Da súa banda Santiago Cortegoso é actor, director de escena e, como dramaturgo, autor de obras A filla de Woody Allen (2010), 0’7% MOLOTOV (premio Rafael Dieste 2009), Os Comicos dell’Auto (2009) ou Hámster (2009). Precisamente Marián Bañobre debuta como actriz en  A filla de Woody Allen

Comentarios pechados