Menu Xerais

Olivia Rodríguez fai un repaso das letras galegas do 2010 na revista Ínsula

A revista Ínsula do mes de marzo inclúe unha longa recensión crítica de Olivia Rodríguez sobre os libros publicados en galego no 2010. Nela, refírese moi eloxiosamente a Xuvia-Neda, de Vicente Araguas; o Coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre; e Luz de tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz. De xeito demorado, destaca Todo é silencio, de Manuel Rivas, ao que se refire como un libro «dificilmente imitable». Na recensión refírese tamén a Periferia, de Iolanda Zúñiga, Settetento, de Marcos Calveiro, O grito do Ipiranga, de Luís García Mañá, e Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras. En canto á poesía, destaca Lapidarias, de David Rodríguez e no teatro, Flores de Dunsinane de Manuel Lourenzo.

Pode descargarse en pdf.

Comentarios pechados