Menu Xerais

Once títulos de Xerais forman parte da Selección OEPLI, 2018

A OEPLI e as súas seccións territoriais: Consejo, ClijCat, Galtzagorri e Gálix, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2018. Un libro/catálogo coa selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís de escritores e ilustradores españois publicados ao longo do ano pasado. Son obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente.
Considerando que a literatura infantil e xuvenil producida nas linguas oficiais do Estado español alcanzou un importante nivel de calidade e de edición e co fin de estimular unha mellor difusión en ámbitos lingüísticos internacionais, propiciar a compra de dereitos de tradución e edición e crear un soporte de calidade paralelo aos lóxicos intereses comerciais, o catálogo produciuse en español e inglés.
O libro/catálogo contén unha selección de 200 títulos realizada polas diferentes seccións territoriais da OEPLi: ClijCat, Galtzagorri, Gálix e Consejo, entidades nas que están representados todos os sectores do mundo literario: escritores, ilustradores, editores, libreiros, bibliotecarios, críticos, etc. que avalarán a calidade e idoneidade de cada un dos títulos seleccionados.

De entre os 200 libros escollidos, 11 títulos foron publicados o ano pasado por Xerais:

A partir de 6 anos:

Animalia 1. Verde de Xosé Tomás

Cociñando con Bolboretas no bandullo de Diana Fernández e David Díaz

Eu ben vin, virivín de Manuel Rico

A partir de 9 anos:

Kusuma de Héctor Cajaraville

A partir de 12 anos:

A balada dos unicornios de Ledicia Costas

A noite das bicicletas de Teresa González Costa

Mamá, quero ser Ziggy Stardust de Iria Misa

Street Poems de Fran Alonso

Xuvenil

Aplicación instantánea de Carlos Negro

Fóra do normal de María Reimóndez

O que sei do silencio de Andrea Maceiras

 

Comentarios pechados