Menu Xerais

Opinión dunha rapaza sobre «Amor dos 15 anos, Marilyn», de Agustín Fernández Paz

Cristina Núñez Sanmartín publica en Trafegando ronseis unha anotación sobre Amor dos 15 anos, Marilyn, de Agustín Fernández Paz.

 

Como son relatos curtos hai uns que me gustan máis ca outros. O primeiro gustoume porque é moi gracioso e fíxome rir, algo que se agradece nas lecturas, sempre tan tristeiras. O segundo é un dos meus preferidos, porque me transmitía o amor que sentían un polo outro e como a súa relación non puido nin poderá saír adiante e a pena que iso lles produce. “Malos tempos para as pantasmas” non me gustou, pero menos me gustou “Un templo para gatos”, que non me transmitiu absolutamente nada. Porén, “Un sono que adelgaza” encántame, é o que máis me gusta de todos e iso que ao principio parecía de medo e pensei que non me ía gustar… aínda que ese final, para min, estrágao.

Deixa un comentario!