Menu Xerais

Opresión fronte a liberación: «E logo, temos razóns para ser nacionalistas?», de Henrique del Bosque Zapata. Anotación de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre E logo, temos razóns para ser nacionalistas?, de Henrique del Bosque Zapata.

 

O nacionalismo como liberación

A alternativa ao nacionalismo galego é nacionalismo español.  O nacionalismo español, non coñezo cousa máis resesa, triste e baleira. Pénsoo agora, mais xa o pensaba de cativo. Un ao día, os cómics da Marvel ían pasando polas miñas mans, Os da Marvel e os que non eran da Marvel. A conclusión era que os USA parían heroes coma churros. O abano en entre os que escoller era amplísimo. O español reducidísimo: Roberto Alcázar y Pedrín, Jabato, Capitán Trueno e para de contar. E aínda por riba Jabato e Capitán Trueno movéndose por xeografías históricas que me eran pouco doadas de identificar. Porén Billy o Neno, Jesse James e demais resultábanme doados de localizar.

Que heroes ofrecía o Imperio Español? Un Cid Campeador que traballara para inimigo? Uns RRCC dos que nunca lera unha fazaña? Colón, un tipo que descobre un continente por casualidade e ese continnete nn leva o seu nome?

O dos heroes é importante, porque suoñen razóns afectivas. Ao eu neno os heroes españois non lle espertaban ningún afecto e dubidaba se se lles podían chamar heroes…

Volvamos á premisa inicial. O nacionalismo español está estreitisimamente vinculado á Inquisición, unha institución que tiña carta branca para limpar a sociedade e que relucira o «sangre viejo» valéndose  de insidias e traizóns varias. Que heroísmo hai aí?

Acódeme isto ás mentes cando recibo E logo, temos razóns para ser nacionalistas?

E, despois de follealo, unha certeza. Debería ser libro de obrigada lectura nas aulas deste país. Mais imaxino que con ese título haberá pais que se alarmen. Sen motivo, por suposto. Porque así estamos. O galego é un nacionalismo liberador, non só dunha Terra, dun Pobo e dunha Cultura…senón tamén dunha historia resesa, inxusta, inquisitorial etc que avinagra a vida do máis optimista. Porén, ese nacionalismo españolista propágase indiscriminadamente, alleo a calquera control, desde prexuízos e formulacións apriorísticas de moi difícil demostración á luz da razón e da verdade. Porén o nacionalismo liberador é case un delicto mencionalo.

Xosé Manuel Eyré

Comentarios pechados