Menu Xerais

Os enredos de «Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais», unha alternativa aos deberes. Ampla reportaxe de Rodri García

La Voz de Galicia publicou no suplemento Culturas unha ampla reportaxe de dúas páxinas de Rodri García sobre Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais de Antón Cortizas. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

 

Os xogos: anacos da historia dun pobo

Antón Cortizas recupera máis de mil enredos e xoguetes en «Tastarabás» e Paco Veiga salienta o proceso de recuperación «medianamente vigoroso» como alternativa aos deberes

Os xogos populares galegos están “dentro dun proceso de recuperación medianamente vigoroso desde hai unha década”.

Isto asegura Peco Veiga, investigador do patrimonio lúdico galego, membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e profesor de Lingua e Literatura Galega no instituto de Melide. Veiga escribe no prólogo do libro Tasturabás (Xerais), Antón Cortizas. Son máis de mil páxinas froito de anos de investigoción, apunta este mestre e escritor. Saliente da obra que “leva 2.500 fotos e unha descrición de máis de mil enredos e xoguetes, que nalgúns casos son unhas tiñas e noutros varias páxinas”.

Nun traballo publicado en xogos populares.com, Peco Veiga explica como «todas es sociedades, incluso es máis primitivas, foron quan de crear es actividades lúdicas necesarias para dar satisfacción á necesidade de xogar de todos e cada un dos seus membros, desde o bebé acabado de nacer –pénsese, por exemplo, nos axóuxeres ou nos xogos iniciáticos cos que se interiorizan es partes do corpo– ata o avó, a avoa, de máis idade: amentemos a ra ou a petanca, só por citar dous dos xogus máis sosegados»…

Continuar lendo

 

Comentarios pechados