Menu Xerais

«Os fillos do mar», de Pedro Feijoo, no blog da libraría Cronopios

A libraría Cronopios publica no seu blog unha anotación sobre Os fillos do mar, de Pedro Feijoo.

Pedro Feijoo chegou a Cronopios por primeira vez hai un ano. Acabábamos de comezar unha bonita relación coa emisora local de Onda Cero e estreábamos esas entrevistas públicas onde se mistura tan felizmente o periodismo, a literatura e a cercanía do autor aos lectores. Pedro era un autor novel que algúns coñecían polo seu pasado como músico do grupo Lamatumbá. A sua novela, recién publicada, viña de quedar como finalista do Premio Xerais e enseguida pasou polas mans de tódolos “cronopios” que a leímos con ledicia. Os Fillos do Mar é unha novela agradecida para un libreiro, posúe tódolos ingredientes dun best seller sen mermar por iso a súa calidade. Os mais leídos tamén poden disfrutar con unha lectura lixeira, de aventuras que agocha un traballo concienzudo e o arte de tocar esa tecra necesaria para chegar ao gran público. En Os Fillos do Mar hai amor, historia, arquitectura, segredos do pasado, búsqueda persoal, aventuras trepidantes  e os escenarios mais fermosos do mundo, que non están moi lonxe. son nosos. A illa de Ons, ese paraíso, O Burato do Inferno, ese lugar máxico e escuro, inacesible que excita ao amante dos misterios que levamos dentro…O tesouro afundido na batalla de Rande …¿ Era necesario ir moi lonxe para encontrar ingredientes para unha gran historia? Pois non.

Despois daquela visita, sentimos que Pedro era un mais de nós: un “cronopio”, tanta fora a conexión, o entendimento e a ilusión compartida entorno a un proxecto, esa novela que dalgunha maneira xa era  un pouquiño  nosa.

Un ano despois Os Fillos do Mar converteuse en Los Hijos del Mar, feito nada sorprendente para nós que apostábamos por iso dende o principio, pero igualmente motivo de celebración.

Pedímoslle a Pedro que compartira con nós unha reunión do clube de lectura, e aceptou encantado sen imaxinar sequera o bombardeo de preguntas ao que o íamos someter. Sempre é un luxo ter a un autor sentado preto de nós respondéndonos ás mil e unha cousas que se nos ocurren sobre o seu proceso creativo, a xénese das persoaxes, as súas musas, etc…

Pedro é un home tranquilo, fala baixiño e doce , semella pedir perdón polo lugar protagonista que está a ocupar. A súa humildade e timidez case agochan, case, un sentido de humor vivísimo. Como todas as persoas intelixentes Pedro rise de todo e de si mesmo. E nos con él. Así imaxinamos a Simón, o seu protagonista, co seu sorriso cálido e ese encantador aire de “desastre”. Un antiheroe que non sabe nin atarse os cordóns e que non é completo sen a súa parella. Mariña, no caso de Simón, e Marta no caso de Pedro.

Marta e Pedro, unha parella que xa está para sempre nos nosos corazóns.

E na vosa mesiña debería estar, en galego ou en castelán, Os Fillos do Mar.

M Corbillón

Deixa un comentario!