Menu Xerais

Os máis vendidos: libros de Ledicia Costas, Dolores Redondo, Jacobo Fernández Serrano e Iago López

 

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante os meses de decembro e xaneiro a partir da información proporcionada por 12 librarías galegas.

A novela gañadora do último Premio Planeta, Todo isto che darei, de Dolores Redondo encabeza a lista dos libros máis vendidos na categoría de Narrativa.

Novamente, no que respecta ás categorías de infantil e xuvenil, reafírmase unha vez máis o liderado de Ledicia Costas, tanto no ámbito xuvenil, con Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, coma no infantil, con Esmeraldina, a pequena defunta, tras sete meses ocupando os primeiros postos nas listas de vendas.

E no que respecta ao álbum ilustrado, o posto de cabeza dos máis vendidos está ocupado por O cociñeiro Martiño, de Iago López.

E no ámbito da Banda deseñada, Marcopola 4. Avoa power, a cuarta entrega da serie de Marcopola, de Jacobo Fernández Serrano, tamén repite como cabeza dos máis vendidos-

Aquí pode consultarse o Taboleiro dos libros máis vendidos, no que tamén figuran outros moitos libros de Xerais.

Comentarios pechados