Menu Xerais

A elección dos mellores libros de 2011 para os lectores e lectoras de Fervenzas Literarias recoñecen varios títulos e autores de Xerais

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 471 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

As categorías en que foron recoñecidos libros ou autores/as de Xerais son as seguintes:

 

 

Mellor libro narrativa para adultosNon hai noite tan longa (Xerais) de Agustín Fernández Paz

Mellor libro de poesía Poesía completa (Xerais) de Lois Pereiro

Mellor libro de literatura dramática: V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico (Xerais) de VVAA

Mellor libro xuvenil: Febre (Xerais) de Héctor Carré

Mellor libro infantil: O meu gato é un poeta (Xerais) de Fran Alonso

Autor/a do ano: Agustín Fernández Paz

Ilustrador do ano: Xosé Tomás

Mellor portada de LIX: Trece noites, trece lúas. (Xerais). Ilustrado por Noemí López

Mellor blog do ano: Brétemas

 

Deixa un comentario!