Menu Xerais

«Os paxaros e outros poemas» e «A realidade», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de marzo

Os paxaros e outros poemas, de Daniel Salgado, e A realidade, de Manuel Darriba, figuran entre os libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de marzo de 2021.

A Tabela dos Libros é unha valoración crítica a xeito de ránking que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos e críticas (Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo) escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

 

 

 

 

 

 

Comentarios pechados