Menu Xerais

Os Premios Fervenzas Literarias 2014 poñen en valor a Xerais e os seus libros e autores e autoras

 

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 439 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

As categorías en que foron recoñecidos libros ou autores/as de Xerais son as seguintes:

–Autor do ano para Xabier López López.

–Mellor libro de Narrativa de adultos para Cadeas, de Xabier López López (Xerais).

–Mellor libro de Ensaio para Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez (Xerais).

–Mellor libro de Literatura dramática para Isóbaras, de Gustavo Pernas (Xerais).

–Mellor libro xuvenil para Nubes de evolución, de Andrea Maceiras (Xerais).

–Mellor libro infantil para Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas (Xerais).

–Mellor editorial para Xerais.

Comentarios pechados