Menu Xerais

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para o Kindle

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para os lectores e lectoras que empregan o Kindle. Os libros que xa se poden mercar para ese formato electrónico son As voces baixas, de Manuel Rivas; Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012; En vías de extinción, de María Reimóndez; e Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz. Nos vindeiros días estarán dispoñibles tamén en Todoebook, en formato epub, sumándose aos xa existentes; e tamén no iBookstore de Apple.

A partir de agora, Xerais irá incorporando ao seu catálogo e en distintas plataformas títulos literarios en formato dixital. Os seguintes, xa en preparación, son Os fillos do mar, de Pedro Feijoo; Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras; e Ninguén, de Fran Alonso. A maiores, neste momento Xerais está a remodelar o espazo de contidos dixitais na súa web, que en breve gozará de maior presenza e autonomía.

Deixa un comentario!