Menu Xerais

Os problemas, complexos e orgullos da dicotomía galego-español: «Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico», de Valentina Formoso. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou o pasado domingo nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica do libro Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, de Valentina Formoso. A recensión pode lerse neste enlace.

 

… Quero dicir que Valentina Formoso sabe o que se trae entre mans, mais –sobre todo– sabe dicilo cun discurso non nada demagóxico, senón artellado a través da razón e sustentado nun traballo de campo feito con alumnos reais, de cuarto da Eso e Bacharelato, que se expresan a través de gravacións, reflectindo nunha zona de seseos e gheadas (tal como se infire das súas palabras; Formoso Gosende a efectos de non identificación altera nomes e topónimos) os problemas, complexos e –tamén– orgullos ou fachendas plantexados pola dicotomía galego-español, non soamente no ensino senón na vida cotiá do noso país….

 

Comentarios pechados