Menu Xerais

Paco Ibañez cantou os poemas de «Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro, onte en Vigo

O Faro de Vigo publica unha información de Amalia Mauleón sobre a presentacion en Vigo de Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro. Onte participaron na presentación o músico Paco Ibañez; Fran Alonso, responsable da antoloxía; e o ilustrador Xosé Cobas, así como o poeta Román Raña e o editor Manuel Bragado. La Voz de Galicia tamén recolle a noticia.

 

 

Teijeiro e Ibáñez, la fuerza de la poesía

El autor vigués presenta su antología, con piezas musicadas por el cantautor

Teijeiro (izq.) y Paco Ibáñez, ayer, en la presentación. // Jose Lores

“Un rato díxolle á lúa” es el título de la antología de poemas en gallego del escritor vigués Antonio García Teijeiro, que ayer presentó junto a una persona muy especial, el cantautor valenciano Paco Ibáñez.

La relación entre ambos poetas viene ya de finales de los años 80, un encuentro que ocurrió de la mano de su amigo común Rafael Alberti y que pronto dio sus frutos. “Cuando Antonio comenzó a mandarme sus poemas en seguida me di cuenta de que tenían mucha música; solo había que descubrirla”. Paco Ibáñez ha musicado ya tres temas del vigués y está en proceso del cuarto. “Espero poder llegar a hacer un disco en gallego, una lengua maravillosa que me encanta llevar por el mundo”, asegura el cantautor.

Los tres poemas de Teijeiro musicados por Ibáñez se incluyen en un CD que acompaña al libro y el público los pudo disfrutar ayer en directo en un acto emocionante en el que Teijeiro recitó también algunos de los poemas recopilados en el libro, que abarcan veinticinco años de carrera. El director de Xerais, Manuel Bragado, el antólogo Fran Alonso, el ilustrador Xosé Cobas y el escritor y crítico Román Raña, participaron también.

La presentación fue, al mismo tiempo, una reivindicación pacífica del valor de la poesía en estos tiempos y de la importancia de que padres y profesores consigan acercársela a los niños en algún momento de su vida. “La poesía es fundamental para que comprendan la realidad desde otros puntos de vista”, asegura Teijeiro. Ibáñez, por su parte, destaca que en estos momentos de “hambruna espiritual”, la poesía es más necesaria que nunca. “La poesía es energía y quien nunca ha leído un poema se pierde algo de sí mismo”, asegura.

 Amalia Mauleón

 

Tamén o crítico Ramón Nicolás publicou unha anotación sobre a presentación en Caderno da Crítica:

 

Na presentación en Vigo de «Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro

Había un mundo de tempo que non asistía a unha presentación tan concorrida, fluída e emocionante como a que este pasado serán acolleu a Casa do Libro de Vigo. A razón era a presentación de Un rato díxolle á lúa: unha antoloxía poética que recolle parte do labor de  García Teijeiro no eido da poesía infantil, desenvolto ao longo de vinte e cinco anos: o espello dunha traxectoria poética inacabada, lóxica e afortunadamente, pero abonda como para amosar o relevante papel que o autor ocupa, por dereito propio, na poesía infantil  galega contemporánea.

     Alegreime moito de ver feliz ao autor, a quen me une ademais unha compartida devoción pola obra de Celso Emilio Ferreiro, pois non era para menos. Non só pola abondosa afluencia de persoas a esta presentación, senón tamén polo acertado das intervencións de Manuel Bragado, subliñando a traxectoria global do autor; de Fran Alonso, responsable da escolla dos poemas e da edición; de Román Raña Lama, a quen lle correspondeu trazar breve e acaidamente os valores xerais da obra de García Teijeiro ou de Xosé Cobas, quen realizou un percorrido fantástico pola lectura en imaxes que realizou da escolma poética. Non esquezo, evidentemente, a presenza de Paco Ibáñez, responsable tamén da musicación e interpretación dalgúns poemas do escritor vigués que se incorporan nesta edición e que onte cantou  e acompañou, á guitarra, o recitado dalgúns deles. Oír a Paco Ibáñez segue a ser unha experiencia fantástica e irrepetible; oílo cantando poemas en galego de García Teijeiro aínda máis. Unha gran presentación a de onte, quen o dubida, para min  unha extraordinaria invitación para entrar o antes posible no »agasallo» que supón a edición deste libro.

Ramón Nicolás

Deixa un comentario!