Publicado o 10 Abril, 2008 nas categorías Fóra_de_colección, Historia, Traducións
Por fin, despois de case oito meses de traballo, temos na imprenta a tradución d’ A cidade e os días, o voluminoso calendario histórico de Vigo de don Xosé María Álvarez Blázquez. Consideramos esta edición como un dos fitos máis relevantes na homenaxe nacional que a sociedade galega tributa ao editor de Monterrei e Castrelos. O libro estará nas librarías na primeira semana de maio.
Ler máis →
Publicado o 10 Abril, 2008 nas categorías Noticias, Premios_Xerais
Pechada a admisión de orixinais dos Premios Xerais 2008, o número de participantes de cada unha das modalidades é o seguinte:
XXIIIº Premio Merlín de Literatura Infantil: 32
XXVº Premio Xerais de Novela: 54
IIIº Premio Fundación CaixaGalicia de Literatura Xuvenil: 28
A composición dos xurados darase a coñecer durante o mes de maio.
Ler máis →
Publicado o 10 Abril, 2008 nas categorías Crónica, Ensaio, Presentacións
O venres, 11 de abril, ás 20:00 horas, continuarán as presentacións de Xerais na Feira do libro de Santiago. Nese momento presentarse o libro de Henrique Alvarellos, Diario dun pai acabado de nacer. Manuel Bragado acompañará ao autor no acto, no que serán lidos fragmentos do diario.
O xornalista Henrique Alvarellos comezou este diario íntimo no mesmo intre de saber que ía ser pai.
Ler máis →
Publicado o 9 Abril, 2008 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves, 10 de abril, as 20:00 horas na Feira do Libro de Santiago, presentarase Incertos, o volume de relatos de Antón Dobao. No acto participarán Darío Xohán Cabana, Manuel Bragado e o autor.
Estes contos incertos de Antón Dobao apuntan ao horizonte do que non é predicible. Son trece historias nas que o extraordinario, o inesperado, acaba por se converter na marca distintiva dunhas vidas aparentemente normais.
Ler máis →
Publicado o 9 Abril, 2008 nas categorías Noticias, Premios
O sábado 26 de abril, en Santiago de Compostela, terá lugar a entrega dos Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008.
Ler máis →
Publicado o 8 Abril, 2008 nas categorías Noticias, Premios, Teatro
O IGAEM convocou a XVIIª edición do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e a IIIª edición do Premio Manuel María de literatura dramática infantil, que o vindeiro ano serán coeditadas polo IGAEM e Xerais dentro da colección Biblioteca Dramática Galega.
Ler máis →
Publicado o 8 Abril, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios, Traducións
Dúas das novelas de Xerais Narrativa publicadas o pasado ano foron declaradas finalistas da XVª edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente: Cardume de Rexina Vega, na categoría de mellor novela galega, e Terrorista de John Updike, na de novela estranxeira. Un xurado de lectores, formado por alumnos e alumnas de bacharelato de cinco centros de toda Galicia, valorará as obras finalistas.
Ler máis →
Publicado o 7 Abril, 2008 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Pura Salceda entrevista en Vieiros a Rexina Vega, autora de Cardume, a novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2007. Reproducimos dous dos parágrafos desta longa entrevista:
Pura Salceda: Como lle cambia a un a vida cando é Premio Xerais de Novela?
Rexina Vega: Aínda, a tantos meses xa do Premio, non sei ben que contestar. O que me cambiou a vida, no máis fondo, foi o feito de ser quen de publicar unha novela.
Ler máis →
Publicado o 7 Abril, 2008 nas categorías Crónica, Entrevistas, Etnografía, Xerais_nos_medios
Con motivo da recente aparición nas librarías d’ A cultura do pan, A Nosa Terra publica unha interesante entrevista co etnógrafo e escritor Xosé Lois Ripalda.
Ler máis →
Publicado o 7 Abril, 2008 nas categorías Infantil, Sopa de Libros, Traducións
Con Negros e brancos, David Mckee –un dos autores e ilustradores máis recoñecidos internacionalmente– creador do inesquecible personaxe do elefantiño Elmer, volve publicar en galego no catálogo de Xerais.
Ler máis →
Publicado o 6 Abril, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
O señor Lugrís e a negra sombra, a máis recente novela de Luís Rei Núñez, foi a obra gañadora dos Premios da Crítica 2007 na categoría de narrativa. Este galardón, sen dotación económica, concedido pola Asociación Española de Críticos Literarios, recoñece a excelencia dunha novela que, dende a súa aparición na colección Xerais Narrativa o pasado mes de setembro concitara grande interese e apoio dos lectores.
Ler máis →
Publicado o 5 Abril, 2008 nas categorías Feiras_do_libro, Noticias, Presentacións
Xerais participa en diversos actos da XXVIIª Feira do Libro de Santiago, que se inaugurou hoxe co pregón de Xurxo Souto e que se celebrará ata o domingo 13 de abril na Alameda. A feira compostelana, que nesta edición, con respecto a anos anteriores, adiantou sensiblemente as súas datas de celebración, abre o programa anual destes certames organizados pola Federación de Libreiros de Galicia.
Ler máis →