Menu Xerais

Pedro Feijoo: «Esta historia demostra que os bos non sempre son os bos». Entrevista no «Galicia por Diante» sobre: «Un lume azul»

O programa Galicia por Diante, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co escritor Pedro Feijoo sobre o libro: Un lume azul, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 12.00″.

Unha valiosa ferramenta para educar con respeto e igualdade: «Quokka Moka», de María Solar e Víctor Rivas. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Laura Caamaño sobre o libro: Quokka Moka, de María Solar, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha musculada tensión lírica e un discurso coherente nunha obra de grande intensidade poética: «Onde nacen as hedras», de Ana Varela. Anotación de Henrique Dacosta

O xornal Diario de Ferrol publicou una anotación do escritor Henrique Dacosta sobre o libro: Onde nacen as hedras, de Ana Varela, publicado por Xerais na colección: Poesía. O libro gañou o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Aprazan ata outubro a entrega do premio San Clemente pola alerta sanitaria. Noticia no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha noticia na que da conta do aprazamento ata outubro do acto de entrega da XXV edición dos premios literarios San Clemente Rosalía-Abanca, por mor da alerta sanitaria aberta polo COVID-19. A primeira obra galardoada foi Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, publicada por Xerais na colección: Narrativa.

Henrique Dacosta: «Carvalho Calero foino todo para as letras galegas». Clube de lectura en Radiofusión sobre: «Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético»

  Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético, de Henrique Dacosta, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Loreto de Castro, Antonio Casal e María Xesús Arias, ademais do escritor ferrolán. O libro está publicado por Xerais na colección LibroX. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Unha novela absolutamente imprescindible en calquera biblioteca que se prece: «Palabras de Opoton O Vello», de Avel-lí Artís-Gener. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: Palabras de Opoton O Vello, de Avel-lí Artís-Gener, publicado por Xerais na colección: Narrativa.

Xerais desconvoca os actos de presentación de libros

A partir de hoxe, e ata novo aviso, Xerais desconvoca todos os actos de presentación de libros que tiñamos programados

Unha novela que afonda no límite da dor: «Un lume azul», de Pedro Feijoo. Anotación no xornal «El Confidencial»

O xornal El Confidencial publicou unha anotación asinada por José Carlos Rodríguez sobre o libro: Un lume azul, de Pedro Feijoo, publicado por Xerais na colección: Narrativa.

Nazaret López: «Esta novela é a historia dunha ruptura e de todo o que a rodea». Entrevista no xornal «Diario de Pontevedra» sobre: «Formigas nos pés»

O xornal Diario de Pontevedra publicou unha entrevista asinada por Belén López á xornalista e escritora Nazaret López sobre o libro: Formigas nos pés, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A historia dunha pequena protagonista que comprende que só o coñecemento dá sabedoría: « A formiga destemida», de María Reimóndez e Iván Sende. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: A formiga destemida, de María Reimóndez, con ilustracións de Iván Sende, publicado por Xerais na colección Merlín.

Un libro fermoso e quebradizo, completo de evocadora beleza: «Onde nacen as hedras», de Ana Varela. Anotación de Román Raña

O xornal Faro de Vigo publicou una anotación de Román Raña sobre o libro: Onde nacen as hedras, de Ana Varela, publicado por Xerais na colección: Poesía. O libro gañou o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha clara e concisa biografía sobre o intelectual homenaxeado co Día das Letras Galegas 2020: «Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético», de Henrique Dacosta. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Blanca-Ana Roig Rechou sobre o libro: Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético, de Henrique Dacosta, publicado por Xerais na colección LibroX. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.