Menu Xerais

Unha proposta moi entretida para o público infantil e interesante respecto aos valores que presenta: «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», de Iria Misa. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa, ilustrado por Alba Barreiro. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Sopa de Libros.

Unha escrita concentrada e intensa coma un oráculo, un retrinco ou un poema. «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», de Manuel Rivas. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Dolores Martínez Torres sobre o libro: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela de grande ambición que intenta abarcar todos os aspectos dunha vida formidable: «Nova Nursia», de Héctor Cajaraville. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Nova Nursia, de Héctor Cajaraville   ‘Nova Nursia’, máis didáctica ca literatura   Nova Nursia, de Héctor Cajaraville (Xerais, 2018) é unha novela, en principio, de grande ambición na que intenta abarcar todos os aspectos dunha vida que o propio Cajaraville nos agradecementos (seguindo a J. A.

Unha obra que a miúdo sorprende, proe e desmitifica: «Vivir a galope», de María Xosé Queizán. Anotación en Letra en Obras

O blog Letra en Obras publicou unha anotación sobre o libro: Vivir a galope, de María Xosé Queizán.   Vivir a galope, de María Xosé Queizán Un vento repentino abaneou o bosque literario galego e fixo caer unha boa chea de follas.

A evolución vital dun sector importante de galegas nadas na década dos anos 50: «O mar que nos leva», de Moncha Fuentes. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Pilar Ponte sobre o libro: O mar que nos leva, de Moncha Fuentes. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Cambiemos as panxoliñas por poemas: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Raquel López sobre o libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

E se Blanco Romasanta, o lobishome ourensán, en realidade fose unha muller?: «Besta do seu sangue», de Emma Pedreira. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018, e está editado por Xerais na colección Narrativa.

Antonio Díaz Ageitos: «Os Heredeiros de hoxe non están tan tolos, pero son máis virtuosos» Entrevista no Atlántico Diario sobre: «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena ao xornalista Antonio Díaz Ageitos sobre o libro: Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste” de Manuel Rivas

O sábado 22 de decembro de 2018, ás 12:30 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar o “Vermú entre libros” de Vivir sen permiso e outras historias de Oeste de Manuel Rivas que conversará con María Varela, redactora xefa do Diario de Pontevedra.

Presentación en Vigo de “O mar que nos leva” de Moncha Fuentes

O venres 21 de decembro de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro O mar que nos leva de Moncha Fuentes. No acto acompañarán á autora Rosa López, Xosé Ramón Pena e Fran Alonso.

Unha poética construción de quen naceu muller e se volveu home. «Besta do seu sangue», de Emma Pedreira. Artigo de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no suplemento Táboa Redonda, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre a novela: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha historia que conxuga música e memoria: «Música no faiado», de Miguel Ángel Alonso Diz. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz, ilustrado por Laura Tova.   Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz   Non podo negar a alegría que me supuxo ver este libro editado.