Menu Xerais

Unha historia de misterio e acción adobiada cunha boa dose de compañeirismo e retranca: «Plan de rescate», de Antía Yáñez. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy, publicado por Xerais na colección Merlín. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2019.   Plan de rescate, de Antía Yáñez   A literatura debe atender á diversidade.

Elba Pedrosa presentou no Club Faro a súa novela: «O que non sabías». Reportaxe no programa «Bos Días» da «Televisión de Galicia»

O programa Bos Días, da Televisión de Galicia, emitiu unha reportaxe sobre o libro: O que non sabías, de Elba Pedrosa, con motivo da súa presentación no Club FARO. A novela está publicada por Xerais na colección Narrativa. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

«Ninguén morreu de ler poesía», de Aldaolado, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de novembro

Ninguén morreu de ler poesía, de Aldaolado (dúo poético formado por Lucía Aldao e María Lado), é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro de 2020. O libro está publicado por Xerais na colección Poesía.

Anémona de Río : «As conversacións dos meus pais, os dous enfermeiros, están no xerme deste cómic». Entrevista no blog «Palabra de Gatsby» sobre o libro: «A proba de auga»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez á deseñadora Anémona de Río sobre o libro: A proba de auga, publicado por Xerais na colección Cómic. O libro gañou o I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético.

Unha decena de fábulas que poñen en valor a vixencia destes textos para traballar co alumnado: «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza. Recomendación do blog «Rede Lectura»

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda o libro: Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza, con ilustracións de Orelí Pello, publicado por Xerais na colección: Sopa de Libros.   «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza   Desde a editorial Xerais recibimos Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza con ilustracións de Orelí Pello.

A escritora Iria Misa gaña o IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade

Este venres 30 de outubro de 2020, ás 18 horas, reuniuse, de maneira telemática dada a situación sanitaria derivada da pandemia, o Xurado do IV Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, e formado por Da Antía Yáñez Rodríguez, D. Manuel Bragado Rodríguez e Da.

Unha novela de longo alento: «Granito», de Álex Alonso. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro Granito, de Álex Alonso, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Unha mala horada: «Granito», de Álex Alonso   Para comezar, situémonos.

David Rodríguez: «O libro é unha homenaxe a todos eses esforzados avós e avoas que están ao pé do canón axudando e tapando buratos». Entrevista no «Faro da Educación» sobre: «Superavoa»

O suplemento Faro da Educación, do Faro de Vigo, publicou unha entrevista asinada por Selina Otero a David Rodríguez sobre o libro: Superavoa, publicado por Xerais na colección Merlín.

Astérix e Obélix reviven máis de 50 anos despois falando en galego en: «O Menhir de Ouro». Anotación no xornal «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha anotación sobre o libro: O Menhir de Ouro, de René Goscinny, publicado por Xerais na colección: Cómics.   Astérix e Obélix reviven máis de 50 anos despois falando en galego Os actores Xerardo Couto, Tacho González e Antón Rubal porán voz a Astérix, Obélix e Aseguracenturix, algúns dos principais habitantes da aldea gala máis famosa do mundo.

Unha prosa directa e clara que busca a complicidade do lector: «Plan de rescate», de Antía Yáñez. Anotación de Alba Piñeiro en «Versos e Aloumiños»

A escritora Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños, que dirixe Antonio García Teijeiro, unha anotación sobre o libro: Plan de rescate, escrito por Antía Yáñez e ilustrado por Xiana Teimoy. O libro gañou o remio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2019, está publicado por Xerais na colección Merlín.

O xoves 5 de novembro chega ás librarías “Zona a Defender” de Manuel Rivas

O vindeiro xoves 5 de novembro chega ás librarías Zona a Defender, o novo libro de Manuel Rivas. «Zona a Defender» foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por enteiro unha Zona a Defender. Expresada co activismo da escrita poética, o pensamento crítico e un humor desacougado, esa chamada de alerta percorre todo este libro. En Zona a Defender.

Ledicia Costas: «Dende nena síntome moi vencellada a todo o que ten que ver co ritual da morte». Clube de lectura en Radiofusión sobre: «Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos»

Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos, de Ledicia Costas, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val, Maite Martínez e Eva Mazás, ademais da autora. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.