Menu Xerais

Xerais na Feira do Libro de Santiago

Xerais preparou un completo programa de actividades de animación para a Feira do Libro de Santiago que se inaugurará o vindeiro venres, 1 de maio. Venres, 1 de maio 13.00 Pregón inaugural a cargo de Teresa Moure. 19.00 O escritor Santiago Jaureguizar, asinará exemplares do seu libro O Globo de Shakespeare (Premio Terra de Melide, 2008) Sábado, 2 de maio 18.

abc

«Festina lente», crítica en «ABC»

A piques de entrar no almacén a segunda edición de Festina lente, a novela de Marcos Calveiro merecedora do premio Irmandade do Libro ao mellor libor do ano e o premio da Crítica, no suplemento cultural mensual dedicado á cultura galega de ABC aparece outra crítica entusiasta. [Premer na imaxe para ler con comodidade.

g28p51f1

Juan Blanco Valdés, entrevista en «La Voz de Galicia»

Camilo Franco publica en La Voz de Galicia a entrevista que lle fixo a Juan Blanco Valdés con motivo da presentación de Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica. O editor do Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago aborda as características deste primeiro manual de edición textual en galego, ao tempo que salienta as que considera as tendencias da edición do futuro.

Revista de Prensa

«Consultorio dos nomes galegos», crítica en «La Opinión da Coruña»

Diego Bernal Rico publicou no suplemento «Saberes» de La Opinión da Coruña unha crítica do Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos de X.L. Méndez Ferrín. [Premede sobre a imaxe para ler o texto con maior comodidade.

Revista de Prensa

«Amor amén», crítica en «Culturas»

Miguel Sande publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica de Amor amén, o poemario de Iolanda Zúñiga. [Premede na imaxe para ler o texto con comodidade.

«Pirata»

Pirata é o título da terceira novela de María Reimóndez que aparecerá nas librarías o vindeiro mes de maio. Dende onte, a autora abriu un blog da novela.

10000573513

«Do orixinal ao libro»

Juan Blanco Valdés, autor de Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica, publica no seu blog esta anotación ao abeiro da presentación da obra realizada o pasado 23 de abril: As presentacións de libros teñen algo de bautismal.

Revista de Prensa

Entrevista a Iolanda Eiras

O Diario de Arousa publica hoxe unha entrevista con Iolanda Eiras, autora de Baldras o xigante, o álbum ilustrado por Fran Bueno publicado na serie «Merliño» da colección Merlín. [Premede na imaxe para ler o texto con comodidade.

18 Lembrando á Comuni#F1A18

«Ámote vermella», crítica en «Nós»

Isaac Lourido publica hoxe no suplemento «Nós» de Xornal de Galicia unha crítica d’ Ámote vermella o poemario de Claudio Rodríguez Fer, ilustrado por Sara Lamas.

0551927001220015962-protexta-07

Chus Pato premio Losada Diéguez de creación literaria

Hordas de escritura, o poemario de Chus Pato foi a obra gañadora do premio Losada Diéguez 2009, no apartado de creación literaria; na de investigación e ensaio foi a obra gañadora Europa, o continente pensado de Camilo Nogueira. Ambas as dúas modalidades están dotadas con 6.000 euros. O xurado composto por Francisco Fernández Rei, Justo Beramendi, Xosé Luís Valladares, Cipriano Xosé Caamaño, Ramón Lorenzo, X.

xg00161401

«Non son de aquí», presentación en Compostela

Hoxe, venres, 24 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase Non son de aquí, o poemario de María do Cebreiro. No acto a autora estará acompañada por Manuel Darriba, Daniel Salgado e o editor Fran Alonso.

xg001641011

Día internacional do libro

Con motivo do Día internacional do libro e dos dereitos de autor, hoxe ao mediodía presentaremos no Consello da Cultura Galega Do orixinal ao libro, o primeiro manual de edición técnica en galego que preparou o editor Juan L. Blanco Valdés. Jacobo Bermejo, presidente do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego acompañaranos nesta presentación.