Menu Xerais

Xelís de Toro presenta «Riofero»

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=Ot5uM9GXx5g] Xelís de Toro presenta dende Inglaterra, onde vive, Riofero, a novela que chega esta semana ás librarías galegas. Como xa sinalamos, Riofero conta cun espazo web, onde se poden escoitar sete musicais creados polo propio Xelís.

tourinoweb

«Conversas con Emilio Pérez Touriño», presentación en Compostela

O luns, 2 de febreiro, ás 18:00 horas no Auditorio do Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval s/nº de Santiago de Compostela, presentarase o libro Conversas con Emilio Pérez Touriño de Manuel Lombao. O acto contará coa participación de Manuel Bragado Rodríguez, Isaac Díaz Pardo, Emilio Pérez Touriño e o autor.

director_xerais_manuel_bragado

Entrevista a Manuel Bragado

Foto de Lalo Villar Teresa Cuíñas entrevista a Manuel Bragado, director da editorial, nas páxinas de «Luces» da edición de hoxe de El País Galicia.  A reflexión sobre os trinta anos de traballo da editorial e os problemas e os desafíos do libro galego centran a entrevista.

xg001597011

«A batalla do paraíso triste», crítica no «Cartafol»

Manuel Rodríguez Alonso publicou no «Cartafol de libros» a súa crítica d’ A batalla do paraíso triste de Xosé Ramón Pena. O crítico remata a crítica da novela do seguinte xeito: «boa novela e que debemos ler para coñecer mellor a historia recente de Portugal. Por outra banda, resulta entretida abondo e ben escrita.

xg001530012

«O Globo de Shakespeare», adianto da crítica de Eyré

Eyré adianta hoxe no seu blog dous parágrafos da crítica que preparou para A Nosa Terra sobre O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide: Desde que Xosé Carlos Caneiro publicara Ébora (Xerais, 2000) poucas veces me divertín tanto lendo unha novela. Tentado estou de botar contas, polo menos dalgún título de Bieito Alonso, por iso da xustiza comparativa.

10000536013

«Riofero», espazo web e blog para a novela

Xelís de Toro con motivo da aparición de Riofero acaba de abrir un espazo web para a novela, onde se pode baixar o primeiro capítulo, escoitar sete temas musicais (gravados polo autor en colaboración con outros artistas como Narf, Johny Rabbs, e The Vitamin B12) ou deixar comentarios no blog. Os nosos parabéns a Xelís.

marcosfaroweb

«Historia de Ourense», crítica no «Faro da Cultura»

Xosé Antonio López Teixeira publica no «Faro da Cultura» unha crítica sobre a Historia de Ourense de Marcos Valcárcel.

fendasfaroweb

«Fendas abertas», crítica no «Faro da Cultura»

Alfredo Iglesias publica no «Faro da Cultura» unha crítica sobre Fendas abertas, o ensaio de Carlos Taibo.

jaurefaroweb

«O Globo de Shakesperare», crítica no «Faro da Cultura»

Dolores Martínez Torres publica hoxe no «Faro da Cultura» unha crítica d’ O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do premio Terra de Melide 2008.

john_updike

Faleceu John Updike

Varios xornais do día fanse eco do falecemento de John Updike a causa dunha enfermidade pulmonar. Nado en Pensylvania en 1932, Updike é autor de máis dunha vintena de novelas e considérase un dos escritores máis relevantes da narrativa norteamericana contemporánea. En Xerais editamos en 2007 a súa novela Terrorista, vertida ao galego por Lara Domínguez.

xg00159601

Entrevista a Alberto Canal en «Galicia Hoxe»

Hoxe aparece na sección «Maré» de Galicia Hoxe unha entrevista a Alberto Canal, autor da novela Conexión Tubinga, que foi finalista dos Premios Xerais de Novela 2008. Recollemos un fragmento: Conexión Tubinga está escrita cunha linguaxe sinxela e directa. “Dicía Kundera que escribía novelas fáciles de ler pero difíciles de entender.

xg00134502

Novas reedicións na colección «Fóra de Xogo»

Debemos salientar a entrada de novas reedicións da colección «Fóra de Xogo», a exitosa colección xuvenil da editorial que nos seus trece anos de vida acadou os 116 títulos e unha s vendas superiores aos seiscentos mil exemplares.