Menu Xerais

monzo-la-voz-6-12-2008

«Mil cretinos» de Monzó en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o 6 de decembro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia esta crítica de Mil cretinos, o libro de relatos de Quim Monzó traducido por Helena González.

«Lía e as zapatillas de deporte»

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=e5-0pnNiL8k] María Reimóndez presentou en Espazo Lectura Lía e as zapatillas de deportes.

xg00161601

«Un país a medio facer», crítica de Arturo Casas

Arturo Casas publica no seu blog un interesante comentario sobre Un país a medio facer o máis recente libro de Fran Alonso. Recollemos un dos fragmentos do texto: Xulgo moi acertada esta lectura que Fran Alonso ofrece dos cambios habidos na vida cultural entre dous momentos profesionais seus separados por vinte anos no recentísimo Un país por facer (Xerais, 2008).

maldescolafaro

«Mal de escola», crítica no «Faro da Cultura»

Heitor Mera publica unha crítica no Faro da Cultura sobre Mal de escola, o libro de Daniel Pennac traducido para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto.

basesnovela

Premios Xerais 2009

Xa se poden descargar as bases dos Premios Xerais de Novela 2009 (25.000 euros),  Merlín de Literatura Infantil 2009 (10.000 euros) e  Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009 (10.000 euros). Para participar en calquera dos tres concursos, cómpre presentar de cada orixinal seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo, antes do día 13 abril de 2009 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia, S.A.

librodasv

«O libro das viaxes imaxinarias», crítica en «lg3»

Isabel Soto publica no espazo de crítica de «lg3» un interesantísimo traballo sobre O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. Esta obra foi gañadora do Premio Isaac Díaz Pardo 2008 ao mellor libro ilustrado do ano.

xg00137501

«A represión lingüística en Galiza no século XX»

Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol de Libros unha crítica sobre o libro de María Pilar Freitas A represión lingüística en Galiza no século XX. Recollemos o derradeiro parágrafo do texto: Libro que debe figurar na biblioteca de lingüística de todos os centros e profesores.

cropped-fotoblog4

Conexión Tubinga blog

Alberto Canal, autor de Conexión Tubinga ten aberto un blog arredor da novela.

xg001393011

«O xardín das pedras flotantes», crítica de X.M. Eyré

X. M. Eyré publica no seu blog o texto completo da crítica que remitiu A Nosa Terra d’ O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do premio Xerais 2008. Recollemos algúns fragmentos: O xardín das pedras flotantes responde á fórmula do best seller á moda.

xg00152301

«Mil cretinos» ou o home que miraba pola fiestra

Rafael Fernández Lorenzo publica no Cartafol de libros unha crítica sobre Mil cretinos, o libro de Quim Monzó traducido por Helena González. Monzó é escritor, tradutor e periodista, pero na súa ampla obra destacan sobre todo os contos e os relatos breves. Pasaron xa algúns anos dende que publicou o seu anterior libro titulado Splassshf, unha recompilación da súa extensa traxectoria narrativa.

xg00140901

«A Cabeza de Medusa», crítica no «Cartafol»

Manuel Rodríguez Alonso publica unha crítica no Cartafol de libros da novela de Marilar Aleixandre A Cabeza de Medusa, gañadora do premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.

xg001439011

«Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego»

Daniel Salgado publica nas páxinas de El País Galicia unha extensa reportaxe sobre o Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, obra coordinada por Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas Garcñia, coeditada polo Consello da Cultura Galega e Xerais.