Menu Xerais

Últimos actos da campaña «Voces á orella»

Nesta semana rematan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia.

xg00153001

«O Globo de Shakespeare», elenco de personaxes

Jaureguizar inicia no seu blog unha serie de anotacións sobre o elenco de personaxes d’ O Globo de Shakespeare. Velaí, a primeira sobre Ricardo, o personaxe central, a segunda, sobre Rosalía, a terceira sobre a señora Quickly, a cuarta sobre Sebe e a quinta sobre Adriana: Ricardo é o personaxe central da miña nova novela, O globo de Shakespeare; cando menos iso lle gusta pensar a el.

xg00151501

«Mal de escola», aconsellado por Ronsel

No magnífico blog Trafegando ronseis aparece unha importante anotación arredor de Mal de escola, o libro de Daniel Pennac. Recollemos o parágrafo co que finaliza o texto: Como aconteceu con Como unha novela, creo que todo o profesorado debería ler este libro, do que podemos gozar en galego grazas á editorial Xerais. E xa me contaredes. Eu seguirei a cavilar.

xg00161601

«Un país a medio facer», libro de xornalismo de Fran Alonso

Un país a medio facer é o título do libro de xornalismo do noso compañeiro Fran Alonso que aparecerá nas librarías a comezos do mes de decembro. Un país a medio facer de Fran Alonso busca as claves da evolución da cultura galega nos últimos vinte anos a través das voces dos protagonistas.

xg00146601

«Fendas abertas», crítica en Culturagalega.org

Gustavo Hervella publica hoxe unha crítica sobre o último libro de Carlos Taibo titulada “As faces do nacionalismo”. Recollemos un fragmento: Carlos Taibo ofrece un valioso material desde o que repensar moitas das discusións que se interesan pola cuestión nacional e a súa relación coa globalización, coa esquerda e o Estado a principios do século XXI.

xg0014090112

«A Cabeza de Medusa», crítica en Culturagalega.org

Isabel Soto ven de publicar no Lg3 de Culturagalega.org unha crítica de A Cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre, premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, 2008. Recollemos un fragmento: Con esta obra galardoada co Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, a autora introdúcese nun tema pouco ou nada tratado na LIX galega cal é a violación.

xg00161301

«Novas minimaladas» de Pinto & Chinto

Tras o éxito de Minimaladas, Premio Merlín de literatura infantil 2007 da autoría de Carlos López, ilustrado por David Pintor, a mesma parella de autores, agora asinando como Pinto & Chinto ofrece unha entrega continuación da anterior, Novas minimaladas.

xg00142101

«No labirinto do vento», novos contos de fadas

No labirinto do vento é un volume de contos de fadas, reis, princesas e unicornios nos que a autora brasileira, Marina Colasanti, crea un diálogo entre a súa imaxinación e os sentimentos propios do ser humano: o medo, o desexo e o amor.

xg00141801

«Vouvos papar», unha aventura na Internet

Vouvos papar de Luz Méndez e Pere Tobaruela é a historia de Tucho e Mucha, dous nenos que conectados polo correo electrónico e o programa de chat, cando xogaban ao «Buscaminas», ao seu xogo preferido, viven unha aventura na Internet cando os chucha o seu ordenador coma se os prendese unha aspiradora.

3a40708f05ffc64df8c5ca67b9814d732f51f658

Marilar Aleixandre, entrevistada por «A Nosa Terra»

Lara Rozados entrevista a Marilar Aleixandre, autora d’ A Cabeza de Medusa, Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil, na edición desta semana d’ A Nosa Terra. Recollemos varios parágrafos: A novela comeza “O día en que ía ser violada…” anticipando xa a base do conflito, pero despois vai moito máis alá do que se presenta como o drama inicial.

Máis de 1.000 escolares participarán esta semana na campaña «Voces á orella»

Seguen as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia.

xg00159701

«A batalla do paraíso triste», novela de Xosé Ramón Pena

Xosé Ramón Pena, gañador do premio Xerais de novela 1987, tras un silencio de varios anos, regresa á novela con A batalla do paraíso triste, unha ficción de espionaxe ambientada na Lisboa salazarista. Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, milleiros de refuxiados acoden a Lisboa na procura dun visado que lles permita atinxir a liberdade.