Menu Xerais

xg00159601

«Conexión Tubinga», finalista do Premio Xerais de novela 2008

A vindeira semana aparecerá nas librarías Conexión Tubinga, a primeira novela de Alberto Canal, finalista do Premio Xerais 2008. O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus.

batume7

Batume, blog de Manuel Lourenzo González

Acabamos de coñecer a primeira anotación de Batume, o blog aberto por Manuel Lourenzo González ao fío da publicación d’ O xardín das pedras flotantes, premio Xerais de Novela 2008.

xg00145801

«Incertos», Antón Dobao presenta en Lugo

Antón Dobao presentará Incertos o venres 14 de novembro, ás 20:00 horas na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña 21). No acto estará acompañado polos escritores Darío Xohán Cabana e Xosé Miranda e polo director da editorial.

xg00162501

«Laxeiro por si mesmo», novo libro de Carlos G. Reigosa

Coincidindo cos actos organizados en Vigo pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo con motivo do Centenario do pintor Laxeiro, poñerase á venda na segunda semana de decembro Laxeiro por si mesmo, o novo libro de Carlos G. Reigosa. Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o «eu» primixenio. Laxeiro nas súas propias palabras, sen intermediarios nin intérpretes, nunha conversa con Carlos G.

xg00161001

«A corpo aberto», novo libro de Manuel Rivas

O vindeiro 26 de novembro poñerase á venda A corpo aberto, o novo libro de xornalismo de Manuel Rivas. A corpo aberto de Manuel Rivas é unha viaxe de xornalismo «Indie». Independente, libre, irónica, crítica e de fábrica literaria. A primeira das viaxes describe o lugar imaxinario onde, tras a perda do poder en 2004, se decidiu instalar a España conservadora: o Estado de Apocalipse Permanente.

carlos_reigosa

Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008

A vida do outro de Carlos G. Reigosa é a obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa 2008 dado a coñecer no día de hoxe. «Que me fixo a min a Transición e a consolidación democrática posterior?» é a pregunta que trata de responder, aos cincuenta e seis anos, o protagonista da obra, o director dun xornal madrileño (de orixe galega), cando despois de ter un amago de infarto se decata que non se coñece a si mesmo.

10002655413

Sergi Pamies no «Diario Cultural» da Radio Galega

O «Diario Cultural» da Radio Galega entrevistou hoxe a Sergi Pamies con motivo da edición da tradución para o galego de Se comes un limón sen facer xestos, realizada por Antón Dobao. A entrevista pódese escoitar aquí.

xg00159901

«Historia de Ourense», novo libro de Marcos Valcárcel

Acaban de chegar do prelo os primeiros exemplares de Historia de Ourense, o novo libro de Marcos Valcárcel. O libro será presentado o sábado, 29 de novembro, ás 19:00 horas no Liceo de Ourense. A continuación, ás 21:00 horas no restaurante San Miguel celebrarase unha cea-homenaxe de recoñecemento de todos os amigos e amigas ao infatigable labor de Marcos a prol da cultura de noso.

3009459485_287dddf86e_o

«O libro das viaxes imaxinarias», primeira crítica

Martín Pawley acaba de publicar no recente número de Protexta (distribuído nos xornais desta fin de semana) unha gabanciosa crítica d’ O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. Libro que será presentado esta semana, o vindeiro xoves, ás 20:00 horas na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña.

41sz1bmpdyl_sl500_aa240_

«Os libros arden mal», extraordinaria crítica en «Le Monde»

A edición francesa da novela de Manuel Rivas Os libros arden mal continúa recibindo unha extraordinaria acollida, velaía recente crítica nas páxinas literarias de Le Monde.

calceta-blog

«O club da calceta», blog

María Reimóndez, a autora d’ O club da calceta acaba de abrir un blog sobre este libro, os libros e a vida. Velaí as intencións da autora na primeira anotación: Aquí comeza a aventura á que durante tanto tempo me resistín. Mais os fíos do club da calceta chegan xa a tantos lugares que non quero deixar que escapen e que fiquen na escuridade.

11135013

Faleceu Camilo Gonsar

A dirección e o cadro de persoal da editorial amosa o seu fondo pesar polo falecemento hoxe do escritor e académico Camilo González Suárez Llanos, coñecido no eido literario como Camilo Gonsar, autor da editorial dende comezos dos anos oitenta. Camilo Gonsar (Camilo González Suárez-Llanos) (Sarria, 1931 – Vigo 2008). Licenciado en Filosofía e Letras e Dereito.