Menu Xerais

“Festina lente”, crítica en culturagalega.org

Este é un pequeno parágrafo da nova crítica de Festina lente aparecida hoxe en culturagalega.

Herminio Barreiro, entrevista

A Nosa Terra entrevista a Herminio Barreiro, a propósito da aparición de Recordar doe, as súas memorias escolares e universitarias. Recollemos a primeira respostas de Barreiro: “Todo comezou nas clases que dou na Facultade de Santiago. Atendía unha promoción de máis de 700 alumnos que era imposíbel abarcar de xeito presencial. Así que tiña que encargarlles moitos traballos.

Chonchiña Comesaña, entrevista

El Pais Galicia publica unha entrevista con Chonchiña Comesaña, a muller que inspirou a novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro. A historia de amor entre Chonchiña (Ascensión Concheiro García, actualmente 95 anos) e o doutor Francisco Comesaña foi o eixo da celebrada novela de Rivas (22 edicións, máis de 70.000 exemplares vendidos ata hoxe). Recollemos un parágrafo significativo da entrevista realizada por Xabier R.

“Recordar doe”, por Marcos Valcárcel

Marcos Valcárcel publica unha fermosa anotación sobre Recordar doe, as memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro.

Xabier Paz, entrevista

Galicia hoxe publica unha entrevista a Xabier Paz, con motivo da presentación de Renacer. Recollemos un parágrafo dun texto moi interesante: “O que ten en común o personaxe de Adria co seu pai, Aretino, é a determinación de renacer. O pai, un pornógrafo de vida disoluta e escandalosa, busca a liberdade de vivir ben. Quere triunfar, e por iso renuncia á súa vida anterior: ata ao seu nome.

“Renacer”, presentación en Vigo

Renacer, a primeira novela de Xabier Paz será presentada en Vigo o vindeiro venres, 18 de xullo, ás 20:00 horas na Libraría Andel (rúa Pintor Lugrís 10) de Vigo. No acto intervirán Manuel Bragado e o autor.

“A venus de cristal”, crítica de Eyré

Xosé Manuel Eyré publica no novo espazo de crítica cultural d’ A Nosa Terra Diario unha crítica da novela de Chelo Suárez A venus de cristal.

“O único que queda é o amor”, críticas en Portugal

Coñecimos hoxe as primeiras críticas publicadas en Portugal sobre So resta o amor, a tradución d’ O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz.

“O ceo dos afogados”

No blog Revolta da freixa publícase unha anotación sobre a lectura d’ O ceo dos afogados, a novela de Francisco Castro, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007.

Manuel Rivas, entrevista en “ANT”

Manuel Rivas é entrevistado por A Nosa Terra con motivo da publicación d’ Os Grouchos. Recollemos algunhas das súas respostas: “Cando pasan de ser textos soltos e se converten nun libro penso que abandonan o xornalismo para se converteren en relatos, non do hemisferio da imaxinación senón do da realidade, que é onde se garda toda a escrita xornalística.

Xavier Queipo, entrevista en “Fervenzas literarias”

O escritor Xavier Queipo, autor de Dragona, novela recentemente traducida ao portugués, é entrevistado en Fervenzas literarias. Recollemos un dos parágramos desta longa e interesante entrevista referidos a Dragona: “Si, [Dragona]é unha novela de personaxes e está chea de contradicións (xa dicía Cortázar que as contradicións son o motor das nosas vidas).

Begoña Paz, entrevista en “Prazadasletras.org”

Prazadasletras.org ofrécenos unha ampla entrevista coa escritora Begoña Paz con motivo da publicación d’As mellores intencións.