Menu Xerais

Xerais, próximas novidades literarias

Anunciamos o programa de novidades literarias preparado pola editorial até finais de 2009. XERAIS NARRATIVA Sete palabras, Suso de Toro, novela, edición en papel e e-book (aparición librarías primeira semana de novembro). Dime algo sucio, Diego Ameixeiras, novela, edición en papel e e-book (aparición librarías primeira semana de novembro).

«O recendo das mimosas», presentación en Noia

O vindeiro venres, 16 de outubro, ás 20:30 horas presentarase na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia O recendo das mimosas, o primeiro libro de relatos de Agustín Agra. No acto o autor estará acompañado de Xosé Ricardo Losada e Manuel Bragado. O acto esta coorganizado pola Asociación Cultural Barbantia e Xerais.

Homenaxe a Ramiro Fonte

O vindeiro sábado, 17 de outubro, ás 12:00 da mañá, no Auditorio do Museo do Mar de Galicia, en Alcabre, homenaxearemos a Ramiro Fonte, con motivo do primeiro ano do seu pasamento. No acto presentaranse tres libros, as edicións dos seus  poemarios derradeiros, Reversos e Xardín do pasatempo, e Ramiro Fonte, o libro dos amigos, unha obra colectiva na que rendemos tributo á memoria humana e literaria de Ramiro.

«Escapado», a novela en palabras de Luís Lamela, o seu autor

Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón é unha novela que camiña entre dúas voces, dúas miradas, a do protagonista ao que a memoria achégalle aos días dunha amarga experiencia, e a investigador ou narrador que manipula os elementos históricos achegando entre outros factores, criaturas de ficción con nomes reais. Con seguridade, non hai un personaxe na novela que non puidese existir.

«Pirata», presentación en Compostela

O vindeiro mércores, 14 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. Acompañarán á autora o músico Xabier Díaz e a escritora Marilar Aleixandre.

«Leocadio, o león»: «lectura deliciosa»

Paula Fernández publicou no «Faro da Cultura» do pasado 8 de outubro, baixo o título de «Lectura deliciosa» unha crítica de Leocadio, o león, o libro de Oli, ilustrado por Teresa Novoa, publicado na colección Merlín.

«Herta Müller, Nobel en galego»

Manuel Bragado publicou en Faro de Vigo un artigo sobre a concesión do Premio Nobel de Literatura á escritora alemá Herta Müller e a edición en galego realizada por Xerais dunha das súas novelas, O home é un grande faisán no mundo. Os dous Nobel anunciados esta semana provocaron sorpresa inicial e polémica posterior en todos os medios.

«O libro galego, fillo da autonomía»

A.Losada publica en «Nós», suplemento de Xornal de Galicia unha reportaxe sobre o alborexar da edición profesional en Galicia, coincidindo coa efeméride da constitución de Edicións Xerais de Galicia. Recóllense as opinións de varios editores e inclúense algunhas fotografías documentais  pertencentes ao arquivo histórico da nosa editorial.

Fin de semana na Ribeira Sacra

Cristóbal Ramírez recomenda no seu blog de La Voz de Galicia gozar duns días na Ribeira Sacra da man da guía práctica A Ribeira Sacra de Manuel Garrido. Unha magnífica recomendación para esta fin de semana longa. Existe edición en galego e castelán.

«Xerais 30», reportaxe en «Luces»

Óscar Iglesias publica no suplemento «Luces» de El País Galicia unha interesante reportaxe sobre a traxectoria da editorial.  Agradecemos este texto moi interesante, que reproducimos na súa totalidade: XERAIS 30 O 5 de outubro de 1979, Germán Sánchez Ruipérez, fundador do Grupo Anaya, e o seu socio galego Xulián Maure, con Ofelia Grande e Camiño Noia, constituían en Vigo Edicións Xerais de Galicia. Trinta anos, 3.

Herta Müller, Nobel 2009

Xerais expresa a súa grande satisfacción pola adxudicación do Premio Nobel de literatura 2009 á escritora Herta Müller, poeta e narradora, nacida en 1953, en Nitzkydorf, Bánat (Romanía), no seo dunha familia da minoría alemana.

“Escapado” anotacións de Modesto Fraga

O escritor Modesto Fraga ven dedicando nas últimas semanas moita atención no seu blog á publicación de Escapado, a primeira novela de Luís Lamela. O pasado 25 de setembro publicou unha primeira anotación na que recolle parte da intervención que realizou na presentación da novela o 4 de setembro en Fisterra.