Menu Xerais

«Nos camiños do entusiasmo», ensaio de Goretti Sanmartín

«Nos camiños do entusiasmo», ensaio de Goretti Sanmartín

Está a punto de chegar ás librarías o ensaio de Goretti Sanmartín Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Nos camiños do entusiasmo.

«A batalla do paraíso triste», segunda crítica

«A batalla do paraíso triste», segunda crítica

Acaba de aparecer a segunda crítica d’ A batalla do paraíso triste, a novela de Xosé Ramón Pena. O texto é de Francisco Martínez Bouzas e foi publicado nas páxinas de  El Correo Gallego o pasado 30 de decembro.

«O xardín das pedras flotantes», crítica en «lg3»

«O xardín das pedras flotantes», crítica en «lg3»

Lorena Domínguez Mallo comenta en «lg3» as virtudes d’ O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do premio Xerais 2008. Recollemos un framento da crítica: [...] a forza da novela é incuestionable e a cantidade de historias só bosquexadas nela é tal que o propio autor decidiu crear un blog para darlles continuidade, (http://batume.blogspot.

«O xardín das pedras flotantes», crítica en «Culturas»

«O xardín das pedras flotantes», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publica no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, dedicado aos mellores libros galegos de 2008, unha crítica d’ O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do Premio Xerais 2008.

«De provincia a nación», crítica en «Culturas»

«De provincia a nación», crítica en «Culturas»

Ramón Loureiro publica no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, dedicado aos mellores libros galegos do pasado ano, unha crítica do libro de Justo Beramendi De  provincia a nación. Historia do galeguismo político, Premio Nacional de Ensaio 2008.

Justo Beramendi, entrevistado na contraportada de «La Voz de Galicia»

Justo Beramendi, entrevistado na contraportada de «La Voz de Galicia»

Foto de Sandra Alonso, La Voz de Galicia Nacho Mirás Fole entrevista a Justo Beramendi na  súa Cara B, a contraportada de La Voz de Galicia, con motivo da obtención do Premio Nacional de Ensaio por De provincia a nación. Historia do galeguismo político.

«Renacer», crítica de Caneiro en «Culturas»

«Renacer», crítica de Caneiro en «Culturas»

Xosé Carlos Caneiro publica no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre Renacer, a novela de Xabier Paz. O mellor que se pode dicir dunha novela é que lle faltan páxinas, que un queda debruzado na fin do texto agardando palabras e máis palabras, como música.

«Arraianos», recomendación de Ánxela Bugallo

«Arraianos», recomendación de Ánxela Bugallo

No suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura recomenda Arraianos de Xosé Lúis Méndez Ferrín como libro para agasallar estes días: Para agasallar, para compartir, é este bo momento de volver a Xosé Luís Méndez Ferrín, unha das figuras máis sólidas da nosa historia literaria.

«Non son de aquí», palabra e lugar

«Non son de aquí», palabra e lugar

Iago Castro Buerguer publica hoxe no suplemento «Nós» do Xornal de Galicia esta crítica sobre o poemario Non son de aquí de María do Cebreiro. Que nada lle sexa alleo: velaquí o principal e máis ambicioso compromiso de María do Cebreiro co poema, como volve demostrar co libro de recente publicación de Non son de aquí (Xerais).

«O libro das viaxes imaxinarias», proposta para este milenio

«O libro das viaxes imaxinarias», proposta para este milenio

Camilo Franco publica hoxe no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia esta crítica sobre O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. En literatura contemporánea case todas as viaxes que comezan en Italo Calvino acaban onde teñen que acabar: no lector. Calvino coñecía ese segredo da narrartiva como escudo de Perseo, que serve para ver as cousas sen que causen o dano da realidade. Xabier P.

Catro obras de Xerais entre «O mellor do 2008» para «Culturas»

O suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia publica hoxe unha dobre páxina na que se recollen críticas de seis obras consideradas como «O mellor do 2008». Entre elas están catro publicadas pola editorial: O xardín das pedras flotantes de Manuel Lourenzo González, O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas, Renacer de Xabier Paz e De provincia a nación.

«O Globo de Shakespeare», presentación en Ribadeo

«O Globo de Shakespeare», presentación en Ribadeo

Mañá, sábado, 3 de xaneiro, as 20:30 horas, na libraría Casa das Letras de Ribadeo, presentarase O Globo de Shakespeare, a máis recente novela de Jaureguizar. No acto o autor ribadense conversará con Gonzalo Moure, co-autor d’ A porta de Mayo.