Menu Xerais

Héitor Mera defende en galego na UNED a súa tese sobre Bernardino Graña

Héitor Mera defende en galego na UNED a súa tese sobre Bernardino Graña

O filólogo cangués Héitor Mera defenderá o vindeiro venres a primeira tese de doutoramento que se presenta en galego na UNED. Isto supón un feito histórico, xa que nunca antes na UNED se permitira o emprego de ningunha das linguas cooficiais do Estado Español para a presentación dunha tese.

Agustín Fernández Paz

Miguel Anxo Fernán Vello publica en Galicia hoxe un artigo sobre o discurso que Agustín Fernández Paz leu na cerimonia dos Premios Xerais 2009. Entre tanto ar viciado, mentiras e descaro político que vivimos e sufrimos -engadamos aquí tamén ousadía e procacidade-, brilla por si mesma a personalidade dun escritor que acaba de pronunciar un Discurso. O Discurso. En singular e con maiúscula inicial.

Aquilino Iglesia Alvariño, 12 de xuño, celebración en Abadín do centenario do seu nacemento

Aquilino Iglesia Alvariño, 12 de xuño, celebración en Abadín do centenario do seu nacemento

Con motivo do centenario do nacemento de Aquilino Iglesia Alvariño (Seivane, Abadín, 12 de xuño 1909) Xerais publica a monografía O po dos días. Introdución temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño do profesor Luciano Rodríguez Gómez.

Luís Rei Núñez nos Premios Xerais 2009

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=a6AWXiC-VFk] Luís Rei Núñez, autor de Monte Louro, obra gañadora do Premio Blanco Amor 2009, fala dos Premios Xerais, da súa última novela e das posibles semellanzas temáticas que esta puidese ter con Sol de Inverno, a obra de Rosa Aneiros gañadora deste Xerais 2009.

Xosé Manuel Beiras nos Premios Xerais 2009

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=WGIKNzuhyCI] Tras a cerimonia dos Premios Xerais do sábado 6 de xuño de 2009, Xosé Manuel Beiras fala do sector editorial, do conflito sobre a lingua, sobre a literatura galega actual e o papel dos Premios Xerais, entre outros temas.

«Sobre rodas» nos Xerais 2009

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=5B18Gje6Rs4] «Sobre rodas», o dúo de zanfonistas formado por Luís Correa «O Caruncho» e Carlos do Viso interpretan o «Alalá de Muxía» e a «Foliada de Baiona durante a cerimonia dos Premios Xerais 2009.

Premios Xerais 2009, falan Rosa Aneiros e Jacobo Fernández Serrano

[youtube=https://www.youtube.

Premios Xerais 2009, álbums de fotos

Premios Xerais 2009, álbums de fotos

A cerimonia dos Xerais 2009 foi recollida en diversos álbums de foto na rede. No perfil de Facebook están recollidos diversos álbums.

“Pingueiras e tarteiras” de Teresa González Costa presentación no Grove

“Pingueiras e tarteiras” de Teresa González Costa presentación no Grove

Esta semana chega ás librarías Pingueiras e tarteiras, a peza de Teresa González Costa gañadora do IIIº Premio Manuel María de literatura dramática infantil. No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras.

«Sobre rodas» nos Premios Xerais 2009

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=8dDXk73wJm8] [youtube=https://www.youtube.com/watch?v=UeO-TmDVPYw] O apartado musical dos Premios Xerais 2009 correu a cargo do dúo de Zanfonistas «Sobre rodas», formado por Luís Correa «O Caruncho» e Carlos do Viso. Na cerimonia de entrega tocaron catro pezas, primeiro o «Alalá de Muxía» e a «Foliada de Baiona», e, despois, «O home do sombreiro» e «As matas».

Jacobo Fernández Serrano, primeiras entrevistas

Jacobo Fernández Serrano, gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2009 por Mil cousas poden pasar.Libro I, realizou as primeiras entrevistas. Aquí recollemos as que fomos localizando: “Mil cousas poden pasar recibe o Premio Merlín” (Camilo Franco, La Voz de Galicia). “Jacobo Fernández se lleva el Merlín” (Daniel Salgado, El País Galicia).

Rosa Aneiros, primeiras entrevistas

Rosa Aneiros, primeiras entrevistas

Rosa Aneiros, a gañadora tanto do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura Xuvenil 2009 por Ás de bolboreta como do Xerais de Novela 2009 por Sol de Inverno, realizou as primeiras entrevistas para os medios. Recollemos as que fomos localizando. “Non traballei en paralelo coas dúas novelas” (Camilo Franco, La Voz de Galicia).