Menu Xerais

Entrevista a Xesús R. Jares

Entrevista a Xesús R. Jares

A raíz da celebración hoxe do Serán pola paz, onde serán presentados os dous primeiros volumes de Educación e paz, La Voz de Galicia e Faro de Vigo entrevistan a Xesús R. Jares.

Presentación “Educación e paz”

Presentación “Educación e paz”

O venres, 18 de abril, ás 20:00 horas, no seo da celebración do Serán pola paz no Teatro Caixanova de Vigo, serán presentados os dous primeiros volumes da triloxía Educación e paz, coordinada por Xesús R. Jares. No acto, no que intervirán os grupos Abe Rábade Trío e Berrogüetto, ademais de ensaístas e escritores participantes na triloxía, está previsto que asistan preto dun milleiro de persoas.

“Hordas de escritura”, no “Faro da Cultura”

“Hordas de escritura”, no “Faro da Cultura”

Crítica de Armando Requeixo en Faro da Cultura de Hordas de escritura, o poemario de Chus Pato.

Presentación “II premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico”

Presentación “II premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico”

O xoves, 17 de abril, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra realizarase a presentación do libro cede, editado por Xerais, que contén as catro obras finalistas do “II premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico“, convocado pola Radio Galega.

Curso en liña para o profesorado de Matemáticas

No noso espazo web pode atoparse información sobre a convocatoria dun curso de formación, a través de Internet, dirixido ao profesorado de matemáticas do ensino secundario.

“Matádeo mañá”, reeditado

“Matádeo mañá”, reeditado

A reedición de Matádeo mañá, o apaixonante libro memorialístico de Elixio Rodríguez, constituíu unha das obras máis demandadas na recente Feira do Libro de Santiago.

Presentación “Fidel Castro. A miña vida”

Presentación “Fidel Castro. A miña vida”

O mércores 16 de abril, ás 20:00 horas, celebrarase na Biblioteca de Marín a presentación do libro Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet. No acto, organizado por Xerais en colaboración co Colectivo Nacionalista de Marín, participarán Xosé M.

“Dicionario de Fraseoloxía Galega”

“Dicionario de Fraseoloxía Galega”

Despois de tres anos de traballo, o pasado venres entrou no almacén a edición do Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado polas profesoras Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias. A obra aparecerá nas librarías coincidindo coa Semana do Libro.

Entrevista a Chus Pato

Entrevista a Chus Pato

A publicación de Hordas de escritura, o máis recente poemario de Chus Pato, suscitou esta entrevista publicada en Galicia hoxe. Eis para a escritora ourensá o sentido deste seu libro: “A cultura que recibimos nega á besta: non queremos ser animais. Danos medo sabernos animais porque a animalidade é o indicativo da morte: somos mortais porque somos animais.

“Conversas con Darío Xohán Cabana”

“Conversas con Darío Xohán Cabana”

Lucía Garzón publica en Fervenzas literarias unha anotación sobre a súa lectura de Conversas con Darío Xohán Cabana, o libro preparado por J.L. Calvo e Yago Rodríguez Yáñez. Transcribímola: Galván en Saor, Fortunato de Trasmundi, O cervo na Torre, As aventuras de Breogán Folgueira foron as obras que máis me marcaron de Darío Xohán Cabana na miña infancia e xuventude.

Entrevista a Chelo Suárez

Entrevista a Chelo Suárez

Chelo Suárez, que acaba de gañar o premio de literatura erótica Narrativas Quentes, é entrevistada por A Nosa Terra ao fío da publicación en Xerais Narrativa d’ A venus de cristal. Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adiviñatorios aprendidos no Exipto.

Premios Irmandade do libro 2007

Premios Irmandade do libro 2007

Na noite do sábado, 12 de abril, foron fallados no Club Náutico de Sanxenxo os XVII Premios “Irmandade do libro” organizados pola Federación de Libreiros de Galicia. Xerais obtivo os dous premios outorgados a obras publicadas durante o pasado ano 2007: O señor Lugrís e a negra sombra de Luís Rei Núñez mereceu o premio ao “Libro do ano 2007” e De provincia a nación.