Menu Xerais

Marcos Valcárcel entrevistado por «Xornal de Galicia»

Marcos Valcárcel entrevistado por «Xornal de Galicia»

Marcos Valcárcel é entrevistado hoxe por Xornal de Galicia con motivo de recibir o Premio PEN 2009 outorgado pola sección galega do International PEN Club de escritores, pola súa labor a prol da liberdade de expresión e da difusión cultural dende o seu blog; o mesmo galardón que con anterioridade obriveran Isaac Díaz Pardo e Francisco Fernández del Riego. Os nosos maiores parabéns para o noso amigo Marcos.

Rosa Aneiros, reedición das súas novelas

Rosa Aneiros, reedición das súas novelas

Nestes días entran no almacén a oitava edición de Resistencia e a terceira de Veu visitarme o mar, as dúas novelas de Rosa Aneiros. Os nosos parabéns para a autora.

«Se comes un limón sen facer xestos», crítica en «Faro da Cultura»

«Se comes un limón sen facer xestos», crítica en «Faro da Cultura»

Dolores Martínez Torres publica hoxe no «Faro da Cultura» unha crítica de Se comes un limón sen facer xestos, o libro de relatos de Sergi Pamies, traducido por Antón Dobao.

Xurxo Sierra, conversas en «Fervenzas literarias»

Xurxo Sierra, conversas en «Fervenzas literarias»

Recomendamos a lectura da longa entrevista que «Fervenzas literarias» realiza a Xurxo Sierra con motivo da publicación d’ Os nomes do traidor. Recollemos algúns fragmentos: Os nomes do traidor supón un cambio radical en canto á estrutura respecto as súas novelas anteriores.

«A batalla do paraíso triste» no «Diario Cultural»

«A batalla do paraíso triste» no «Diario Cultural»

Aquí pode escoitarse a entrevista  a Xosé Ramón Pena emitida hoxe no Diario Cultural da Radio Galega con motivo da publicación d’ A batalla do paraíso triste.

«Festina Lente», crítica de Xulio Valcárcel

«Festina Lente», crítica de Xulio Valcárcel

Xulio Valcárcel publica esta crítica da novela Festina Lente, de Marcos Calveiro, en El Ideal Gallego.

Pàmies e Monzó, crítica en Vieiros

Pàmies e Monzó, crítica en Vieiros

Mario Regueira publica en Vieiros unha interesante crítica sobre as traducións ao galego de Se comes un limón sen facer xestos, de Sergi Pàmies e Mil cretinos, de Quim Monzó. Recollemos un par de fragmentos significativos: Pàmies, o automatismo da vida moderna A obra de Sergi Pàmies preséntanos unha aposta decidida polo relato curto, organizado nunha estrutura moi sólida.

«Nin che conto», presentación de Eyré

Xosé Manuel Eyré presentou onte á noite no seu blog Nin che conto. Para coñecer e gozar da micronarrativa. Reproducimos o texto da anotación moi interesante para coñecer as intencións do autor: Como se anuncia no blog de Xerais, teremos Nin che conto no remate deste mes. Nin che conto sairá na colección Materiais, mais elles un libro dificilmente clasificábel.

Jaureguizar entrevistado por «A Nosa Terra»

Jaureguizar entrevistado por «A Nosa Terra»

A Nosa Terra publica esta semana a entrevista que Lara Rozados realizou a Jaureguizar con motivo da publicación d’ O Globo de Shakespeare, a novela gañadora do Premio Terra de Melide 2008. Recollemos algúns fragmentos: Esta novela, como outras súas, afonda no mundo do espectáculo.

Xosé Manuel Eyré, libro sobre micronarrativa

Xosé Manuel Eyré, libro sobre micronarrativa

Xosé Manuel Eyré é autor de Nin che conto. Para coñecer e gozar da micronarrativa, un libro para achegarse a unhas das manifestacións literarias que máis interese están concitando nos últimos anos. O libro chegará ás librarías galegas na derradeira semana deste mes de xaneiro.

Xerais 2009: trinta aniversario, 3.000 títulos

O plan editorial 2009 de Xerais estará marcado polo trinta aniversario de creación do noso proxecto e por superar, a inicios da vindeira primavera, os tres mil títulos editados.

«Monbars O Exterminador»

«Monbars O Exterminador»

Está no prelo Monbars o Exterminador, a novela de Hixinio Puentes gañadora do Premio Eixo Atlántico de Narrativa Galega e Portuguesa 2006. Chegará as librarías durante a última semana deste mes de xaneiro. Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras, con alento de Stevenson ou John Steinbeck, escrita con certa tinta aceda.