Menu Xerais

A película «O Club da calceta» vencedora do Famafest 2009

A película «O Club da calceta» vencedora do Famafest 2009

A película O Club da calceta, adaptación cinematográfica dirixida por Antón Dobao da novela homónima de María Reimóndez, resultou vencedora do Festival Internacional de Cinema e Vídeo de Vila Nova de Famalicao (Famafest 2009). O xurado, que concedeu o galardon por unanimidade salientou da película galega «a profunda reflexión que ofrece sobre a condición feminina». Agardamos con interese a súa estrea por parte da TVG.

«Reconquista. Vigo en armas», presentación

«Reconquista. Vigo en armas», presentación

Mañá, xoves 26 de marzo, ás 20:00 horas, no salón rexio do Círculo Mercantil de Vigo (entrada pola rúa do Príncipe) terá lugar unha conferencia presentación do libro Reconquista. Vigo en armas de Eduardo Rolland.

«Quen matou a Inmaculada de Silva?», crítica en “Lg3″

«Quen matou a Inmaculada de Silva?», crítica en “Lg3″

Isabel Soto, publica en lg3 de Culturagalega.org, unha crítica de Quen matou a Inmaculada de Silva? de Marina Mayoral.

«A batalla do paraíso triste», crítica en «Culturas»

«A batalla do paraíso triste», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publica no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica d’ A batalla do paraíso triste, a novela de Xosé Ramón Pena.

«Ámote vermella», o recital de Lugo

Eis a crónica da presentación recital do pasado luns en Lugo de Ámote vermella, o poemario de Claudio R. Fer.

Xelís de Toro entrevistado no «Diario Cultural»

Xelís de Toro entrevistado no «Diario Cultural»

Aquí pode escoitarse a entrevista con Xelís de Toro emitida hoxe no «Diario Cultural» da Radio Galega con motivo da aparición de Riofero.

Entrevista a Fran Alonso en «Praza das Letras»

Entrevista a Fran Alonso en «Praza das Letras»

«Praza das Letras» publica unha longa entrevista que lle fixo a Fran Alonso con motivo da publicación d’ Un país a medio facer. A entrevista está centrada na evolución da cultura galega nos últimas dúas décadas e a súa proxección no futuro. Alonso comenta, ademais, o estado dos seus proxectos literarios: «En poesía teño un libro rematado hai un ano.

Xelís de Toro en «El País»

Xelís de Toro en «El País»

Nun escenario tropical, que remite ao Fitzcarraldo de Werner Herzog, Xelís de Toro constrúe un relato de aventuras que dá en rebentar costuras xenéricas. “O meu desafío foi realizar unha novela a partir dun material que eu non inventei”, apunta, “con esa metáfora, a do río, que todos coñecemos, é colectiva”. A canle fluvial como o discorrer da vida. “Facelo á miña maneira era a dificultade”.

Catálogo Xerais 2009

Acaba de chegar do almacén a edición en papel do Catálogo Xerais 2009 (176 páxinas). Pódese coller nas librarías ou recibir gratuitamente solicitándoo por correo electrónico a: xerais@xerais.

«A clase», crítica en «Nós»

«A clase», crítica en «Nós»

Martín Pawley publicou onte en «Nós», o suplemento de Xornal de Galicia unha crítica sobre A clase, a novela de François Bégaudeau, traducida por Xavier Senín e Isabel Soto.

Xerais twitter

Continuando coa aposta da editorial pola presenza nas redes sociais e por promover a participación dos lectores dos nosos libros e usuarios dos nosos servizos, dende hoxe tamén pode seguirse a actividade da editorial dende Xerais twitter. Nese espazo de microblogueo publicaranse puntualmente todas as actividades promocionais e novidades máis destacadas da editorial.

«Ámote vermella», presentación en Lugo

«Ámote vermella», presentación en Lugo

Ámote vermella, o poemario de Claudio R. Fer, ilustrado pr Sara Lamas presentarase mañá, luns, 23 de marzo, ás 19:00 horas na sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria de Lugo. No acto participará o autor, que recitará parte dos poemas do libro, xunto co editor Manuel Bragado. Esta presentación recital de Ámote vermella encádrase dentro do proxecto exposición  Vermellas. Chamábanlles “rojas”.