Menu Xerais

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre a novela Periferia, de Iolanda Zúñiga.

Adianto dunha crítica de Ramón Nicolás sobre «Pirata», de María Reimóndez

O crítico Ramón Nicolás adianta no seu blog Caderno da crítica tres parágrafos sobre a novela Pirata, de María Reimóndez, que escribiu para a revista A Festa da Palabra Silenciada.

Reportaxe de Fernando Franco sobre o músico e compositor galego Rogelio Groba

Onte, o suplemento Estela, do Faro de Vigo, publicou unha ampla reportaxe, de dúas páxinas, sobre o músico e compositor galego Rogelio Groba, escrita polo xornalista Fernando Franco. Tomando como punto de partida o libro Rogelio Groba, meditacións en branco e negro, do que é autor Manrique Fernández, o coñecido xornalista Fernando Franco trazou un interesante percorrido pola biografía do escritor.

Entrevista de Vidal Villaverde con María Lado

Manuel Vidal Villaverde publica no Galicia Hoxe unha longa entrevista coa poeta María Lado, autora de Casa atlántica, casa cabaret. A entrevista pódese ler aquí.

Crítica de Vicente Araguas sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

Crítica de Vicente Araguas sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

Vicente Araguas publicou onte domingo en El Ideal Gallego unha recensión crítica sobre Luz de Tebra, a novela do médico Ánxel Vázquez de la Cruz que Xerais acaba de reeditar. Reproducimos unha parágrafo da recensión: «Porque en Vázquez de la Cruz hai un escritor (que ademais é médico). E non un médico ao que lle dera por escribir un, polo demais, gustoso anecdotario, que mesmo insire o chiste da pescada e o seu virgo.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

Crítica de Ramón Nicolás sobre «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Culturas de La Voz de Galicia do pasado sábado unha recensión crítica sobre A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa. A recensión, titulada «O soño de ser funambulista», está recollida tamén no seu blog.

Entrevista con Xabier Quiroga: «A novela ‘O Cabo do Mundo’ conta feitos tremendos e crueis»

As páxinas da Ribeira Sacra do xornal lugués El Progreso publicaron o pasado venres unha longa entrevista con Xabier Quiroga, asinada por Ana Rodil. Nela, o autor de O Cabo do Mundo dá conta do seu oficio de escribir, repasa a súa obra narrativa, e rememora as súas afeccións e dedicacións deportivas.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Crítica de Armando Requeixo sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Armando Requeixo publicou o pasado xoves no suplemento literario Faro da Cultura, do Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Todo é silencio, de Manuel Rivas, baixo o título «A mallante Rivas», na que asegura que «na novela, a reflexión ten máis peso que o enredo do narotráfico».

Crítica de Paula Fernández sobre «Sopa de xarope de amora», de Xosé A. Neira Cruz

Paula Fernández publicou o pasado xoves no suplemento literario Faro da Cultura, do Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Sopa de xarope de amora, de Xosé A.

Entrevista de Xosé Ramón Pena con Diego Ameixeiras, sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Entrevista de Xosé Ramón Pena con Diego Ameixeiras, sobre «Asasinato no Consello Nacional»

O escritor e coordinador do suplemento literario Faro da Cultura, do Faro de Vigo, Xosé Ramón Pena, fíxolle o pasado xoves unha entrevista ao autor de Asasinato no Consello Nacional, Diego Ameixeiras.

Artigo de Ramón Reboiras sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Artigo de Ramón Reboiras sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Ramón Reboiras publicou o pasado venres na edición galega de El País un artigo literario, a modo de recensión crítica, sobre Todo é silencio, de Manuel Rivas: He leído, tengo la sensación, algo griego, una tragedia clásica en este libro y por más que reconozco las rías y los cines, los automóviles y los ritos de paso, los acentos nativos y el trullo universal, atisbo en lontananza el libro que se abre sobre una cultura arca

«Periferia», de Iolanda Zúñiga, e a trata de futbolistas

O crítico Xosé Manuel Eyré continúa a incluír no seu blog novas citas, subliñados e reflexións en torno á novela gañadora do Premio Xerais 2010, Periferia, de Iolanda Zúñiga. Nun deses apuntamentos, incide no capítulo da novela que está dedicado ao fútbol e a súa relación coa sociedade brasileira, así como a «trata» de futbolistas.