Menu Xerais

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”

Baixo o título “O adeus da dignidade” Galicia hoxe publica unha completísima reportaxe sobre o libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero. Así mesmo, La Voz de Galicia publica outra ampla noticia sobre a aprición do libro.

“Pirata”, presentación en Vigo

“Pirata”, presentación en Vigo

O vindeiro martes, 30 de xuño, ás 20:30 no salón noble do Club Náutico de Vigo presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez.  Acompañarán á autora o editor Manuel Bragado e o cantante Xabier Díaz.

“Makinaria”, presentación en Dodro

“Makinaria”, presentación en Dodro

Mañá, 26 de xuño, ás 12:00 horas no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro presentarase Makinaria, o poemario máis recente de Carlos Negro. No acto o autor estará acompañado por Fran Alonso.

Entrevista con Xesús Alonso Montero

Entrevista con Xesús Alonso Montero

Foto de Marcos Míguez "La Voz de Galicia" Hoxe en La Voz de Galicia, con motivo da presentación do libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), Jorge Lamas faille unha entrevista ao profesor Alonso Montero: “Recollín textos moi conmovedores que os nosos alumnos deben coñecer“

“A vida do outro” de Carlos G. Reigosa nos medios

“A vida do outro” de Carlos G. Reigosa nos medios

Foto El Ideal Gallego A vida do outro de Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008, foi presentado no día de onte en roda de prensa na sede da Deputación da Coruña. Nesta anotación enlazamos toda a información recollida nos medios. “Un espello no que atopar o rostro” (Galicia Hoxe) “A Deputación da Coruña publica A vida do outro a través de Xerais” (La Opinión) “Carlos G.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo

Adiantamos os actos organizados por Xerais na Feira do Libro de Vigo que terá lugar na Alameda dende o 10 ao 19 de xullo.

Justo Beramendi e Fernández Paz recolleron cadanseu Premio Nacional

Justo Beramendi e Fernández Paz recolleron cadanseu Premio Nacional

Foto EFE No día de onte, nunha cerimonia celebrada en Teruel e presidida polos príncipes de Asturiais, Justo Beramendi e Agustín Fernández Paz recibiron cadanseu premio nacional, o primeiro na categoría de ensaio, por De provincia a nación. Historia do galeguismo político, e o segundo na de literatura infantil, por O único que queda é o amor.

“Monte Louro”, presentación na Pobra do Caramiñal

“Monte Louro”, presentación na Pobra do Caramiñal

O vindeiro venres, 26 de xuño, ás 20:30 horas terá lugar no Museo Valle Inclán da Pobra do Caramiñal a presentación de Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez gañadora do premio Blanco Amor 2009. No acto acompañarán ao autor, Armando Requeixo (crítico), Manuel Bragado (editor), Antón Riveiro (presidente de Barbantia), Encarna González (concelleira de Cultura) e Isaac Maceiras (alcalde da Pobra do Carmiñal).

Canteiro en Compostela con “Festina lente”

Canteiro en Compostela con “Festina lente”

O club de lectura Gálix Tendendo Redes remata a súa primeira andaina de actividades cun programa arredor da novela  Festina lente de Marcos Calveiro, organizado en colaboración coa asociación Amigos del Románico.

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, presentación en Vigo

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, presentación en Vigo

O vindeiro xoves, 25 de xuño, ás 20:00 horas, nas instalacións do MARCO (antigo cárcere) de Vigo, presentarase o máis recente libro do profesor Xesús Alonso Montero, Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948). No acto acompañarán ao autor Alfonso Álvarez Gándara (decano do Colexio de Avogados de Vigo), Carlos Núñez e o editor Manuel Bragado.

“Cita co Xerais”, comentario de Perozo

“Cita co Xerais”, comentario de Perozo

Xosé Antonio Perozo publica n’ A Nosa Terra un comentario agarimeiro sobre os Premios Xerais. A débeda que a cultura galega ten con Edicións Xerais de Galicia queda compensada cando escoitamos a Manolo Bragado falar das cifras millonarias de libros editados e vendidos ó longo da historia da editorial.

Agustín Fernández Paz no cadro de honra de “El Correo Gallego”

Agustín Fernández Paz no cadro de honra de “El Correo Gallego”

El Correo Gallego dedicou onte o seu cadro de honra ao escritor Agustín Fernández Paz. Como nos contos tradicionais . Tres agasallos: un penedo, unha árbore -a bidueira- e un espazo público onde ficará o seu nome.