Menu Xerais

“A vida do outro”, presentación na Coruña

“A vida do outro”, presentación na Coruña

O vindeiro mércores, 24 de xuño ás 11,00 horas, na sede da Deputación da Coruña, terá lugar a roda de prensa presentación do libro A vida do outro de Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester, 2008 convocado pola Deputación da Coruña. No acto intervirán: Salvador Fernández Moreda (Presidente da Deputación da Coruña), Manuel Bragado (Director de Xerais) e Carlos G. Reigosa.

Xabier Castro Rodríguez gaba “Tempo de centeo”

Xabier Castro Rodríguez gaba “Tempo de centeo”

Xabier Castro Rodríguez gabou o pasado sábado, 20 de xuño, nas páxinas de Galicia hoxe Tempo de centeo, a máis recente novela de Xosé Fernández Ferreiro.

“Monte Louro”, crítica de Ramón Nicolás

“Monte Louro”, crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou o sábado, 20 de xuño, nas páxinas do suplemento “Culturas” de La Voz de Galicia unha crítica preciosa de Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez gañadora do Premio Blanco Amor 2009.

“Ramón Piñeiro. Os días  ocultos”, blog

“Ramón Piñeiro. Os días ocultos”, blog

Daniel Ameixeiro acaba de abrir un blog arredor da súa novela Ramón Piñeiro. Os días ocultos. O autor ten intención de compartir cos lectores no blog non soamente o proceso (como foi nacendo e medrando a historia) senón tamén a documentación que utilizou. Os nosos parabéns a Daniel Ameixeiro pola iniciativa.

Literatura e muller

Literatura e muller

Aconsellamos o interesantísimo debate publicado nas páxinas de Xornal de Galicia que protagonizan as escritoras Marilar Aleixandre, María Reimóndez e Marta Dacosta.

Sementador de esperanzas

Sementador de esperanzas

Artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo sobre a obra literaria de Agustín Fernández Paz a raíz da homenaxe de onte en Vilalba. Aquí pode verse o álbum fotográfico da homenaxe, preparado por Paulo Naseiro de A Voz de Vilalba.

Mar Mato entrevista a Agustín Fernández Paz

Mar Mato entrevista a Agustín Fernández Paz

Mar Mato entrevista a Agustín Fernández Paz para Faro de Vigo e para La Opinión da Coruña. A conversa céntrase arredor da aparición nas librarías de Lúa do Senegal, a nova novela de Agustín que  recibirá o martes, 23 de xuño, en Teruel o Premio Nacional de Literatura Infantil 2009.

Agustín Fernández Paz en «Xornal de Galicia»

Agustín Fernández Paz en «Xornal de Galicia»

Con motivo da homenaxe que lle tributa hoxe a AELG en Vilalba e a entrega do Premio Nacional de Literatura Infantil o vindeiro martes en Teruel, Agustín Fernández Paz é entrevistado de forma extensa por Iago Martínez en Xornal de Galicia.

Manuel María e Bernardino Graña homenaxeados en Moaña

Manuel María e Bernardino Graña homenaxeados en Moaña

Manuel María e Bernardino Graña serán os protagonistas mañá, sábado 20 de xuño, dunha serie de actos de homenaxe organizados polo concello de Moaña. As 19:30h inaugurarase a Rúa Bernardino Graña. Despois, interpretarase a Marcha do Antigo Reino de Galiza. No acto intervirán o Alcalde de Moaña e representantes da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

“Sol de Inverno”, Premio Xerais de novela 2009, avance dun capítulo

Aquí pode descargarse en pdf un capítulo das primeiras probas de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009.

“O sombreiro Chichiriteiro”, crítica no “Faro da Cultura”

“O sombreiro Chichiriteiro”, crítica no “Faro da Cultura”

Paula Fernández publicou no Faro da Cultura de onte unha crítica d’ O sombreiro Chichiriteiro, o álbum escrito por Manuel Rivas e ilustrado por Patricia Castelao. Reproducimos o texto na súa totalidade. O sombreiro Chichiriteiro, a primeira obra infantil de Manuel Rivas, amosa o regreso do autor coruñés á literatura de ficción pois dende Os libros arden mal as súas publicacións centráranse no ensaio xornalístico.

Luís Rei Núñez, entrevista en “Diario de Pontevedra”

Luís Rei Núñez, entrevista en “Diario de Pontevedra”

Manuel Jabois  publica hoxe en Diario de Pontevedra unha entrevista con Luís Rei Núñez coincidindo coa presentación en Pontevedra de Monte Louro, a novela gañadora do premio Blanco Amor 2009. Recollemos algúns dos parágrafos dun texto moi interesante: Eu quería satisfacerme a min mesmo. En parte, tamén, aínda que iso influíu menos, tiña como ambición encher un oco que ao meu ver existía na literatura galega.