Menu Xerais

Carlos Callón, entrevista en «La Voz de Galicia»

«A mellor defensa dunha lingua sempre é o seu uso» O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística está mergullado na presentación do seu último traballo pola comunidade adiante. A Lalín (Museo Municipal Aller Ulloa, 20.30 horas) chegará o próximo 18 de xuño. –Non deixa de sorprender o título deste libro en castelán sendo o autor un gran defensor da lingua galega… –É un título retranqueiro.

«Maalouf, o galego» por Xavier Queipo

Gardo de Amin Maalouf, boas lembranzas da súa estadía en Compostela, convidado pola Edicións Xerais co gallo da presentación na Facultade de Filoloxía da versión galega de Le Periple de Baldassare. Daquela falamos moito e pareceume un tipo agradábel e convencido da necesidade e da bondade da fusión cultural como contraposición ao enfrontamento (que eu tamén detesto).

«A sinfonía da vida», entrevista en «Galicia hoxe» con Manuel Portas

Manuel Portas retrata na súa primeira novela as vidas dunha serie de personaxes insatisfeitos coa súa existencia, co mundo donarcotráfico de fondo Xente común, que arela un cambio na súa vida. Persoas que se senten insatisfeitas, atrapadas nun día a día sempre previsible. Son os protagonistas de Denso recendo a salgado, a primeira novela de Manuel Portas, que publicou Xerais recentemente.

«O grito do Ipiranga», presentación en Vigo

O venres, 18 de xuño, ás 20:00 horas, celebrarase na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno 27) a presentación da novela de Luís Manuel García Mañá O grito do Ipiranga. Noa cto acompañarán ao autor o escritor Alfredo Conde e o editor Manuel Bragado.

«Presenza galega en Cuba» de Xosé Neira Vilas

FERMOSO GALANO Unha renda de memorias Xosé Neira Vilas non só é o narrador que logrou transmitir nas súas novelas unha parte da historia do pobo galego que acontece alén das nosas fronteiras, aquel mesmo que nos agasallou con fermosos personaxes para a memoria infantil como a marela taravela ou o espantallo amigo, ou tamén o poeta dende Gres que sabe da palabra precisa e terma do verso.

«A coroa de Napoleón» de Jaureguizar, crítica de Paula Fernández

NOVELAS DE DETECTIVES Con chiscadelas bravú Na cidade da Coruña celébrase o bicentenario da batalla de Elviña, e no medio desta celebración acontece algo que podería crear un importante conflito diplomático con Francia: a coroa de Napoleón cedida para os actos desapareceu.

«O segundo sexo en galego» por María Xosé Queizán

A obra da filósofa Simone de Beauvoir consta de dúas partes: a primeira, Os feitos e os mitos, foi publicada por Xerais no 2008. Agora preséntase o segundo tomo: A experiencia vivida. A extensa obra foi traducida ao galego por Marga Rodríguez Marcuño asesorada no aspecto filosófico por África López.

Emilio Alonso Pimentel na Lonxa Literaria de Moaña

O próximo venres, 18 de xuño de 2010, a  partir das 9 da noite, terá lugar no centro sociocultural Daniel Castelao, de Quintela unha tertulia dos membros da Lonxa Literaria de Moaña con Emilio Alonso Pimentel arredor da novela Mercurio, obra gañadora do VIII Premio  de novela por entregas La Voz de Galicia 2008.

«Feministas galegas» en «AmecoPress»

Gloria López publica unha documentada anotación no espazo dixital de AmecoPress sobre o libro de Mónica Bar Cendón Feministas Galegas. Crónica dunha revolución en marcha.

Mar Guerra: «Ao escribir para nenos procuro tratalos como iguais»

ENTREVISTA CON MAR GUERRA, A RAÍZ DA PUBLICACIÓN DE XENARO E A HUCHA DO INDIANO Xenaro volve. O rapaz que xogaba coas palabras en Xenaro e o misterio da mochilota verde (Premio Merlín 2008) regresa cunha historia misteriosa e detectivesca chea de sorpresas ata a última liña. Xenaro e a hucha do indiano é o segundo libro da escritora e xornalista Mar Guerra.

«”A Intervención”: canto polifónico á arte e á natureza», crítica de Ramón Nicolás

TERESA MOURE RETORNA AO PRIMEIRO PLANO DA ACTUALIDADE LITERARIA CUNHA NOVELA CORAL SOBRE AS RELACIÓNS ENTRE ARTE E ESPAZOS NATURAIS Sigo con crecente interese a traxectoria creativa de Teresa Moure; ao meu ver unha dramaturga, ensaísta e narradora que constitúe, duns anos para acó, unha parte xa substantiva do noso sistema literario.

Rosa Aneiros: «Ás de bolboreta»

Que conta? Na cafetería de Patricia, a Luzada, conflúen cada mañá os camiños polos que transitan os personaxes d’ As de bolboreta. O de Manuel, un neno de orixe africana orfo dobremente ao morrerlle a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó.