Menu Xerais

«Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo»

«Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo»

Chegou do prelo o primeiro dos nosos títulos do «Ano Ramón Piñeiro», o libro do profesor Xosé Ramón Rodríguez Polo Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo (1939-1982). Estará nas librarías a vindeira semana.

Xosé Ramón Pena está noite en «Libro Aberto»

Xosé Ramón Pena está noite en «Libro Aberto»

Xosé Ramón Pena será entrevistado esta noite por Manolo Romón no programa «Libro Aberto» de TVG con motivo da publicación da súa novela A batalla do paraiso triste. A entrevista foi gravada no Museo Galego de Arte Contemporánea de Santiago e será emitida na noite do domingo a partir das 1:45 da madrugada. Ademais, no programa, Xavier del Valle Inclán falará de Fendas abertas.

Dez libros para namorar

O único que queda é o amor, Agustín Fernández Paz, relatos. O xardín das pedras flotantes, Manuel Lourenzo González, novela. Toda a vida, Luís Rei Núñez, novela. Náufragos en terra, Xosé Manuel Martínez Oca, relatos. O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas, novela. Resistencia, Rosa Aneiros, novela. Onde o sol non adormece, Antón Cortizas, novela. Atracción total, Carme Blanco, micronarrativa.

Jaureguizar entrevistado polo «Diario Cultural»

Jaureguizar entrevistado polo «Diario Cultural»

Jaureguizar, autor d’ O Globo de Shakespeare, foi entrevistado hoxe no «Diario Cultural» da Radio Galega. A entrevista pode escoitarse aquí.

«Transhumantes», un conto inédito de Iolanda Zúñiga en «Luces»

«Transhumantes», un conto inédito de Iolanda Zúñiga en «Luces»

O suplemento «Luces» de El País Galicia inaugura a súa sección de «Inéditos» con «Transhumantes», un relato de Iolanda Zúñiga, a autora do libro de relatos Vidas pos-it e do recente poemario Amor amén. Os nosos parabéns para Iolanda.

Goretti Sanmartin entrevistada polo «Diario Cultural»

Goretti Sanmartin entrevistada polo «Diario Cultural»

O «Diario Cultural» da Radio Galega entrevistou onte a Goretti Sanmartín con motivo da presentación do seu libro Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. A entrevista pode escoitarse aquí.

«Ámote vermella», novo poemario de Claudio Rodríguez Fer

«Ámote vermella», novo poemario de Claudio Rodríguez Fer

Acaban de chegar da imprenta os primeiros exemplares do novo poemario de Claudio Rodríguez Fer, Ámote vermella. O poemario, ilustrado pola pintora Sara Lamas, forma parte do proxecto da exposición «Vermellas», dedicadas ás mulleres represalidas, organizada pola Universidade de Santiago e que será inaugurada no Campus de Lugo o vindeiro mes de marzo. A presentación do poemario realizarase coincidindo coa exposición.

«Flanagan Flash-Back»

«Flanagan Flash-Back»

Os seguidores da serie protagonizada por Flanagan, o detective adolescente, están de en hora boa. Na última semana de febreiro, coincidindo coa aparición da edición orixinal en catalán, chegará as librarías a tradución galega de Isabel Soto de Flanagan Flash-Back, novela na que Andreu Martín e Jaume Ribera recuperan o personaxe de Clara Longo, a primeira moza do famoso detective.

«Quen matou a Inmaculada de Silva?», nova novela de Marina Mayoral

«Quen matou a Inmaculada de Silva?», nova novela de Marina Mayoral

Marina Mayoral agarda a aparición na colección «Fóra de Xogo» de Quen matou a Inmaculada de Silva?, a súa máis recente novela.

«O derradeiro irmán», Appanah en galego

«O derradeiro irmán», Appanah en galego

Xa está no prelo O derradeiro irmán, a novela da narradora de Illa Mauricio Nathacha Appanah. Esta conmovedora novela sobre a amizade, un fenómeno editorial, grazas ao apoio silencioso dos lectores e libreiros, obtivo durante o pasado ano tres dos premios literarios máis importantes de Francia: premio de novela FNAC 2007, premio dos lectores de L’Express 2008 e Premio Cultura e Bibliotecas para Todos 2008.

«Nos camiños do entusiasmo», presentación

«Nos camiños do entusiasmo», presentación

O vindeiro xoves, 12 de febreiro, ás 20:30 horas na Libraría Pedreira (rúa do Home Santo 55) de Santiago presentarase Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación de Goretti Sanmartín. O acto contará coa participación da autora e de Xosé Manuel Sánchez Rei, Teresa Moure e Manuel Bragado. Nos camiños do entusiasmo.

Agustín Fernández Paz,«Letra E» 2009

Agustín Fernández Paz,«Letra E» 2009

Acabamos de saber que Agustín Fernández Paz recibirá en Vilalba no mes de xuño a «Letra E» (O escritor na súa terra) que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega. A decisión foi adoptada na asemblea anual da asociación celebrada esta mañá na que foron reelixidos Cesáreo Sánchez Iglesias como presidente e Antía Otero como vicepresidenta. Os nosos parabéns para Agustín.