Menu Xerais

Begoña Paz, entrevista en “Prazadasletras.org”

Begoña Paz, entrevista en “Prazadasletras.org”

Prazadasletras.org ofrécenos unha ampla entrevista coa escritora Begoña Paz con motivo da publicación d’As mellores intencións.

Xerais no FESTIGAL

Xerais no FESTIGAL

Xerais participará nos seguintes actos do FESTIGAL, a celebrar en Compostela durante a tarde e o serán do 25 de xullo: 17:15: Presentación da edición en galego d’ O segundo sexo de Simone de Beauvoir. Intervirán: Carmen Adán, Secretaria Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Manuel Bragado, África López e Marga Marcuño. 18:30: “Herbas do cego”, recital de poesía de Manuel Rivas.

Programación “Lengua Castellana”, 4º de ESO

Aquí pode baixarse a programación didáctica de Lengua Castellana y Literatura de 4º de ESO.

Programación de “Ciencias da Natureza” 2º de ESO

Programación de “Ciencias da Natureza” 2º de ESO

Aquí pode descargarse a programación de Ciencias da Natureza de 2º de ESO.

Programacións de “Física e Química”

Programacións de “Física e Química”

Aquí pode descargarse a programación didáctica de Física e Química 4º de ESO e aquí a correspondente á mesma materia de 1º de Bacharelato.

“A casa da luz”, comeza a rodaxe

“A casa da luz”, comeza a rodaxe

O blogueiro Martin Pawley anuncia o inicio da rodaxe d’ A casa da luz, a película de Carlos Amil que adapta a novela homónima de Xabier P. Docampo. A experiencia da rodaxe será relatada por Docampo no seu blog.

“Bea”, primeira crítica

“Bea”, primeira crítica

Paula Fernández publica no Faro da Cultura a primeira crítica sobre Bea, o álbum escrito e ilustrado por Iván Sende publicado na serie “Merliño“.

“A cidade e os días”, crítica

“A cidade e os días”, crítica

O historiador Xosé Antonio López Teixeira publica hoxe no Faro da Cultura unha crítica sobre a edición en galego d’ A cidade e os días, o calendario histórico de Vigo de Xosé María Álvarez Blázquez.

Agustín Fernández Paz, en culturagalega.org

Agustín Fernández Paz, en culturagalega.org

Culturagalega.org volve ofrecernos unha moi interesante entrevista en vídeo. Neste caso, Agustín Fernández Paz reflexiona sobre a situación actual da literatura infantil e xuvenil en Galicia, e sobre as claves para entender a súa consolidación no noso sistema literario.

Suso de Toro, entrevistado para a rede

Suso de Toro, entrevistado para a rede

Aquí pode verse a entrevista con Suso de Toro emitida por ANT Televisión con motivo da presentación d’ Outra Galiza. En Vieiros pode visionarse estoutra entrevista.

“So resta o amor”

“So resta o amor”

O blogueiro Martin Pawley publica unha anotación sobre a aparición da tradución portuguesa d’ O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz. Reproducímolo polo seu indubidable interese: A publicación na editora de Nelson de Matos dunha tradución ao portugués de O único que queda é o amor do amigo e mestre Agustín Fernández Paz é un fito que non debe pasar inadvertido.

“O pequeno señor Paul”

“O pequeno señor Paul”

A vindeira semana chegará ás librarías O pequeno señor Paul, o fermoso libro de relatos de Martin Baltscheit, traducido do alemán por Patricia Buján, onde a lectura é o centro da vida dun entrañable personaxe. O pequeno señor Paul vivía nun mundo cheo de libros, adoraba os libros. Medrou entre árbores cargadas de libros e dedícalle todos os días un tempo á lectura.