Menu Xerais

Marcos Calveiro, entrevistado por Fervenzas

Marcos Calveiro, entrevistado por Fervenzas

Fervenzas literarias publica unha longa e interesante entrevista con Marcos Calveiro a raíz da presentación en Compostela de Festina lente. Escollemos dous parágrafos significativos do texto. “Esta novela trata de imprentas, de libros e tamén reflexa o proceso de creación do libro, festina lente, ese bule amodo.

“Os Grouchos”, adianto

“Os Grouchos”, adianto

Aquí poden descargarse as primeiras páxinas d’ Os Grouchos. O documento pdf inclúe a presentación do libro (“Ir de grouchos”) e o primeiro dos traballos xornalísticos (“Decálogo do galego”).

Programación de “Ética e educación para a cidadanía”

Programación de “Ética e educación para a cidadanía”

Aquí pode descargarse a programación didáctica de Ética e educación para a cidadanía de 4º de ESO.

Programación de “Ciencias para o Mundo Contemporáneo”

Programación de “Ciencias para o Mundo Contemporáneo”

Aquí pode descargarse a programación didáctica de Ciencias para o Mundo Contemporáneo de 1º de BAC.

Manuel Rivas presentou “Os Grouchos”

Manuel Rivas presentou “Os Grouchos”

Manuel Rivas presentou Os Grouchos nun acto celebrado na Libraría Ler de Santa Comba, no que estivo acompañado do xornalista Xosé Manuel Pereiro. Recollemos as primeiras referencias da presentación publicadas nos medios electrónicos: “Manuel Rivas reivindica o humor como ferramenta do xornalista” (Galiciae).

Currículum de Bacharelato

Hoxe saíu publicado no DOG o Decreto de currículum do Bacharelato LOE da Consellaría de Educación. Inclúe os currículums de todas as materias e o regulamento das ensinanzas desta etapa educativa. Pode descargarse en pdf aquí.

“Educación para a cidadanía”, “La Voz de Galicia”

“Educación para a cidadanía”, “La Voz de Galicia”

La Voz de Galicia publica hoxe unha reportaxe sobre os manuais de Educación pra a cidadanía para 2º de ESO. O autor da reportaxe dedica un despece ao libro editado por Xerais.

Marcos Calveiro, entrevistas

Marcos Calveiro, entrevistas

Con motivo da presentación de Festina lente, celebrada onte na Libraría Couceiro de Santiago, Marcos Calveiro foi entrevistado por La Voz de Galicia, El País, AGN e Galicia hoxe. Nestas entrevistas, Marcos Calveiro define Festina lente como “un relato sobre os libros como armas de coñecemento que poden amolar o poder”. “É unha novela na Compostela dos séculos XVI e XVII, que era moi rica en personaxes.

“Os Grouchos”, presentación en Santa Comba

“Os Grouchos”, presentación en Santa Comba

Vieiros faise eco da convocatoria de presentación d’ Os Grouchos, o novo libro de xornalismo de Manuel Rivas, que se celebrará o vindeiro luns, 23 de xuño, na Librería Ler de Santa Comba. No acto participarán o autor, o xornalista Xosé Manuel Pereiro e Manuel Bragado.

Xerais na rede

Xerais na rede

Reproducimos a noticia aparecida no espazo web da AGE sobre a presenza de Xerais na rede: Edicións Xerais de Galicia, en aras de favorecer unha mellor comunicación cos seus lectores e lectoras, vén de poñer en marcha nos últimos meses dous novos espazos na Rede, que se suman ao completo portal da editorial. Trátase dun blog xeral, http://www.xeraisblog.

“As mellores intencións”, primeira crítica

“As mellores intencións”, primeira crítica

Montse Pena Presas publica en Faro da Cultura a primeira crítica d’ As mellores intencións, a novela de Begoña Paz.

Herminio Barreiro, monográfico de rdl

Con motivo da presentación de Recordar doe, rdl publica hoxe un monográfico de oito páxinas sobre Herminio Barreiro. Unha longa entrevista con Herminio e textos de Narciso de Gabriel e Lupe Gómez conforman este magnífico suplemento que recomendamos vivamente.