Menu Xerais

«Historia de Ourense» en «Culturas»

«Historia de Ourense» en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 29 de novembro nos suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, coincidindo coa homenaxe a Marcos Valcárcel esta crítica da súa Historia de Ourense.

«Boas noites» en Espazo Lectura

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=jEGEFNjSJIc] Paula Carballeira presentou Boas noites, a obra gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2006 nunha sesión do ciclo de lecturas compartidas «Lendo contigo», organizado en Gondomar por Espazo Lectura. Recollemos un dos vídeos gravados durante a sesión.

«Fendas abertas» no «Diario Cultural»

«Fendas abertas» no «Diario Cultural»

Carlos Taibo presentou hoxe Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional, o seu máis recente libro publicado por Xerais Ensaio no diario Cultural da radio Galega. Aquí pode escoitarse a entrevista que lle fixeron.

«O libro das viaxes imaxinarias», lectura de X.M. Eyré

«O libro das viaxes imaxinarias», lectura de X.M. Eyré

Recollemos a nota de lectura sobre O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas que publica hoxe X.M. Eyré no seu blog: Lidos dez capítulos dos trinta que ten, un adxectivo único perocorre, en letras capitais, os meus pensamentos: MARABILLOSO. Ou, unha marabilla de libro. O aspecto gráfico, autoría de Xosé Cobas, na miña opinión é precioso, sinxelamente precioso.

«Un país a medio facer», presentación en You Tube

[youtube=http://es.youtube.com/watch?v=hcm8vpRU_Cc] Fran Alonso presenta nun vídeo colgado no seu blog Un país a medio facer, a súa obra xornalística máis recente que será presentada en roda de prensa en Culturgal o vindeiro 4 de novembro ás 17 horas.

«Remoldiño vai á feira» en Espazo Lectura de Gondomar

Continuando coa campaña «Voces á orella», organizada por Xerais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o espectáculo Remoldiño vai á feira chegou a Gondomar xestionado por Espazo Lectura. Este espectáculo, baseado no libro homónimo de Xoán Cuba, ilustrado por Óscar Villán, interpretado polos actores Chus Álvarez e Antonio L.

Jaureguizar presentou «O Globo de Shakespeare» en Melide

Jaureguizar presentou «O Globo de Shakespeare» en Melide

Jaureguizar presentou hoxe no concello de Melide O Globo de Shakespeare, a novela gañadora do Premio Terra de Melide 2008. No acto estivo acompañado por Socorro Cea (alcaldesa de Melide) e Manuel Bragado.

Unha biblioteca para X.L. Méndez Ferrín

Unha biblioteca para X.L. Méndez Ferrín

Onte foi inaugurada con grande brillantez a Biblioteca X.L. Méndez Ferrín do Instituto Santa Irene de Vigo.

A opinión de Manuel Rivas sobre «O natural é político» de Teresa Moure

A opinión de Manuel Rivas sobre «O natural é político» de Teresa Moure

Manuel Rivas dedícalle unha parte do seu artigo de «Os Grouchos» deste venres ao libro O natural é político, de Teresa Moure, publicado na colección Ensaio de Xerais. Achegamos, para a súa degustación, este fragmento do artigo de Rivas: DESCULPEN AS MOLESTIAS MAIS ISTO É UNHA REVOLUCIÓN.

Marcos Valcárcel, presentación e homenaxe

Marcos Valcárcel, presentación e homenaxe

O sábado 29, ás 19:00 horas, nas instalacións do Liceo de Ourense (Lamas Carvajal 5) presentarase Historia de Ourense o máis recente libro de Marcos Valcárcel. O acto contará coa intervención de Francisco Rodríguez Fernández (alcalde de Ourense), Alfonso Vázquez Monxardín, Manuel Bragado e o autor.

Manuel Rivas, entrevistado por «Vieiros»

Manuel Rivas, entrevistado por «Vieiros»

Coincidindo coa aparición nas librarías d’ A corpo aberto, Manuel Rivas é entrevistado por Vieiros. Recollemos algúns fragmentos dun texto moi interesante: Por que é unha ollada ‘indie’? Ben, é unha chiscadela. É un termo que se emprega máis na música ou no cinema, e non tanto na literatura, pero creo que define un espírito crítico e independente que lle viría ben ao xornalismo.

X.L. Méndez Ferrín, homenaxeado polo Instituto Santa Irene

X.L. Méndez Ferrín, homenaxeado polo Instituto Santa Irene

Xerais únese ao homenaxe que mañá, venres 29 de novembro, ás 19:30 horas, tributará o claustro de profesorado e o alumnado do Instituto Santa irene de Vigo a X.L. Méndez Ferrín. Quen fora profesor do centro durante máis de tres décadas, recibirá así a gratitude dos seus milleiros de alumnos e alumnas e o recoñecemento do seu labor docente.