Menu Xerais

Marcos Calveiro, entrevista en «Luces»

Marcos Calveiro, entrevista en «Luces»

A raíz da recente saída da súa novela Festina lente, Marcos Calveiro é entrevistado por Daniel Salgado para a sección «Luces» de El País. Reproducimos un breve fragmento: A cidade [Santiago de Compostela] é protagonista da novela, unha cidade pechada, que aínda conserva as murallas. Cando hai un andazo, a muralla péchase; cando os lobos axexan a cidade, a muralla péchase.

“PAlAbrAs brAncAs”, presentación en Pontevedra

“PAlAbrAs brAncAs”, presentación en Pontevedra

Mañá, xoves, ás 20,00 presentarase na Galería Sargadelos de Pontevedra PAlAbrAs brAncAs o poemario de Elvira Riveiro, ilustrado por Fino Lorenzo e publicado na colección Merlín. O acto está organizado pola asociación Máislibros.

“Decálogo do galego” por Xosé Manuel Pereiro

[vodpod id=ExternalVideo.

“Decálogo do galego” por Manuel Rivas

[vodpod id=ExternalVideo.

“Decálogo do galego”, presentación “Os Grouchos”

Martín Pawley fixo unha interesantes gravacións en vídeo dos actos de presentación d’ Os Grouchos en Santa Comba. Un dos momentos máis interesantes foi a lectura do “Decálogo do galego” polo propio Manuel Rivas e polo presentador do libro, Xosé Manuel Pereiro.

“Cazaría salvaxe” e “Veleno tinto”, presentación en Noia

“Cazaría salvaxe” e “Veleno tinto”, presentación en Noia

O vindeiro venres, 27 de xuño, ás 20:30 horas serán presentados no Liceo de Noia Cazaría salvaxe de Agustín Agra e Veleno tinto de Ramón Carredano Cobas. No acto, organizado pola Asociación Culural Barbantia, La Voz de Galicia, a Sociedade Liceo de Noia e a editorial, participarán os autores, Carlos Mosteiro e Manuel Bragado.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais realizará un importante número de actos na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Alameda viguesa do 27 de xuño ao 6 de xullo. 30 luns, ás 19,00 h: Manuel Rivas asinará Os Grouchos.  1 martes, ás 20,30 h: presentación de Festina lente de Marcos S. Calveiro. No acto intervirán Óscar Sánchez, Fran Alonso e o autor. 2 mércores, ás 20,00 h: Agustín Fernández Paz asinará O único que queda é o amor.

“Outra Galiza”, adianto

“Outra Galiza”, adianto

Aquí poden descargarse vinte páxinas do novo libro de xornalismo de Suso de Toro, Outra Galiza. Este documento pdf inclúe o limiar do libro e dous traballos correspondentes ás dúas partes da obra: “o traxe non vale” (primeiro traballo do capítulo “O tempo aberto”) e “Outras ideas, outro galeguismo” (un dos textos da segunda parte “Saíndo ao día”).

“As mellores intencións” dun tirón

“As mellores intencións” dun tirón

O crítico Xosé Manuel Eyré confesa no seu blog que leu dun tirón As mellores intencións, a novela de Begoña Paz gañadora do premio Centenario do concello de Riveira. “De súpeto, atopeime lendo o capítulo 3, consciente de que a novela de Begoña Paz é desas que non deben pasar desapercibida. Que o formato breve encerra unha historia complexa, fonda, inversamente proporcional ao seu tamaño.

Marcos Calveiro, entrevistado por Fervenzas

Marcos Calveiro, entrevistado por Fervenzas

Fervenzas literarias publica unha longa e interesante entrevista con Marcos Calveiro a raíz da presentación en Compostela de Festina lente. Escollemos dous parágrafos significativos do texto. “Esta novela trata de imprentas, de libros e tamén reflexa o proceso de creación do libro, festina lente, ese bule amodo.

“Os Grouchos”, adianto

“Os Grouchos”, adianto

Aquí poden descargarse as primeiras páxinas d’ Os Grouchos. O documento pdf inclúe a presentación do libro (“Ir de grouchos”) e o primeiro dos traballos xornalísticos (“Decálogo do galego”).

Programación de “Ética e educación para a cidadanía”

Programación de “Ética e educación para a cidadanía”

Aquí pode descargarse a programación didáctica de Ética e educación para a cidadanía de 4º de ESO.