Menu Xerais

«O libro das viaxes imaxinarias», presentación en Gondomar

«O libro das viaxes imaxinarias», presentación en Gondomar

A libraría Libraida de Gondomar acolle o venres 19 de xuño, ás 20.30 horas, a presentación de O libro das viaxes imaxinarias, a última obra de Xabier P.Docampo, ilustrada por Xosé Cobas Gómez. Ao acto asistirán o autor e o ilustrador e estará presentado polo escritor e profesor Gonzalo Navaza.

“Monte Louro”, presentación en Pontevedra

“Monte Louro”, presentación en Pontevedra

Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez, gañadora do Premio Blanco Amor 2009, será presentada o vindeiro xoves, 18 de xuño, ás 20:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia, Edificio Café Moderno de Pontevedra. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e a editorial, participarán Armando Requeixo, Manuel Bragado e o autor.

As fotos dos Premios Xerais 2009 no Facebook

As fotos dos Premios Xerais 2009 poden verse no perfil de Facebook de Xerais que xa superou os seus 500 seareiros e seareiras e mantén un nivel de participación e actualización constante.

Ana Bande recomenda “A lúa dos Everglades”

Ana Bande recomenda “A lúa dos Everglades”

Ana Bande recomenda no seu blog A lúa dos Everglades, a novela de Xesús Manuel Marcos gañadora do Premio de narrativa Terra de Melide 2008. Recollemos o seu texto: Belgrano (Bos Aires), Miami, Madrid, Os irmáns Quintelos, Aurora, Manuel Eiras e Andrés Leiro, tres relatos de emigración que tecen un pano triste, escuro e esgazado polos furados da violencia, a dor e a miseria que é a marca da casa da nosa emigración.

“Prostitución: clientes e outros homes”

“Prostitución: clientes e outros homes”

As sociólogas da Universidade de Vigo Águeda Gómez Suárez e Silvia Pérez Freire son as autoras de Prostitución: clientes e outros homes. Análise sociolóxica das ideoloxías sexuais masculinas en Galicia, estudo publicado dentro da colección XERAIS UNIVERSITARIA.

Fran Alonso, entrevista Premios Xerais 2009

[youtube=https://www.youtube.

Rexina Vega, entrevista Premios Xerais 2009

[youtube=https://www.youtube.

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, novo libro de Xesús Alonso Montero

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, novo libro de Xesús Alonso Montero

A vindeira semana chegará ás librarías Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), o máis recente libro do profesor Xesús Alonso Montero.Unha obra moi relevante na construción da memoria republicana de Galicia. Xesús Alonso Montero recolle neste libro cento vinte cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente a noticia de que foran condenados á pena de morte.

Agustín Fernández Paz, «Letra E» da AELG

Agustín Fernández Paz, «Letra E» da AELG

A homenaxe O escritor na súa terra, impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega chega a súa XVª edición recaendo por unanimidade en Agustín Fernández Paz que será homenaxeado en Vilalba, a terra onde naceu.

Premios Xerais 2009, entrevistas a editores

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=W9IqXhT4UIY] [youtube=https://www.youtube.

“De provincia nación”, no Café Volter de Vigo

“De provincia nación”, no Café Volter de Vigo

O vindeiro martes 16 de xuño ás 20 horas, Justo Beramendi convesará no Café Volter de Vigo sobre o seu libro De provincia a nación. Historia do galeguismo político (Premio Nacional de Ensaio 2008) con Luís Domínguez e Camilo Nogueira. O acto desenvolverase nas instalacións da Fundación Casares de Vigo, situadas en Elduayen 36, 2º (antigo edifico Asefal).

Amanda Bouzada, entrevista nos Premios Xerais 2009

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=FEu54FQNtK0] Vídeoentrevista a Amanda Bouzada, membro do xurado Premio Fundación Caixa Galicia que premiou á novela Ás de bolboreta de Rosa Aneiros.