Menu Xerais

«Diego Ameixeiras, unha mirada diferente na novela galega»

O pasado domingo, 10 de xaneiro, José Miguel A. Giráldez publica no suplemento dominicial de El Correo Gallego unha entrevista longa con Diego Ameixeiras, con motivo da publicación de Dime algo sucio.

«”Dime algo sucio”: axexados polo veciño», crítica de Sandra Faginas

AMEIXEIRAS VÉN DE PUBLICAR UNHA HISTORIA DE VIOLENCIA E INTRIGA DE VIDAS CRUZADAS QUE BEBE DAS NOVELAS POLICIAIS DE QUIOSCO Sempre persoal, a mirada de Diego Ameixeiras (Lausanne, 1976) tenos afeitos nesta curta e destacada carreira literaria a disparos acertados en forma de obras tan distintas como as primeiras Baixo mínimos (2004) e O cidadán do mes (2006), co detective Horacio Dopico como protagonista, e Tres segundos de memoria (

María Reimóndez: «A pobreza é un sistema político»

O suplemento «Lecer» de Galicia hoxe publicaba onte unha longa entrevista coa escritora María Reimóndez con motivo da celebración da quinta edición do festival organizado por Implicadas/os polo desenvolvemento, a ONG da que é fundadora e presidenta.

«Xesús Alonso Montero: falando de Dostoiewski»

O profesor de filosofía Sergio Vences Fernández publicou onte en La Opinión da Coruña un moi interesante artigo sobre o libro de Xesús Alonso Montero Cartas de republicanos Galegos condenados a morte (1936-1948). Baixo o título «Xesús Alonso Montero. hablando de Dostoiewski», o profesor Vences percorre os contidos dun libro, que califica de «estremecedor», e que non dubida en recomendar coa maior admiración.

María Xosé Queizán conversa con Vidal Villaverde

Galicia hoxe publica a longa conversa que a escritora María Xosé Queizán mantivo con Manuel Vidal Villaverde. Un texto interesante no que se abordan moi diferentes cuestións, dende a súa traxectoria autora á situación actual da lingua e literatura galegas.

«”Dime algo sucio”: unha novela que se le de dúas sentadas»

«Bajos instintos» é o título da crítica, asinada por A.M. Pedrosa, publicada nas páxinas galegas do suplemento «A&L» de ABC, de Dime algo sucio, a cuarta novela de Diego Ameixeiras. Traducimos do castelán o primeiro parágrafo do texto: É un solombo, é dicir, literatura.

«Sol de inverno» ou «o bico dunha cereixa»

Baixo o título «O bico dunha cereixa», P. Abet publicou nas páxinas galegas do suplemento «A&L» de ABC unha crítica de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009.

«Tripulación pirata», unha fermosa experiencia arredor da lectura e das matemáticas

«Tripulación pirata» é o nome do blog da aula de 6º de Educación Primaria do C.E.I.P. Os Muíños de Muxía. Velaquí unha experiencia didáctica innovadora arredor da lectura e das matemáticas. Segundo relatan os participantes no seu blog «todo comezou cando a Biblioteca escolar fixo a súa programación cun tema moi peculiar: «Piratas». A proposta parecía interesante.

«O Cabo do Mundo» de Xabier Quiroga, unha novela con blog

Xabier Quiroga, autor d’ O Cabo do Mundo, acaba de abrir un interesantísimo blog sobre esta a súa cuarta novela. No blog pode atoparse información documental sobre personaxes históricos e espazos nos que se desenvolve a novela.

Faleceu Fernando Pérez-Barreiro Nolla

A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu pesar polo falecemento o pasado día 3 de Fernando Pérez-Barreiro Nolla, tradutor e colaborador de Xerais dende a súa fundación. Nacido en Ferrol en 1931, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, residía en Londres dende 1963, onde traballou nos programas dos servizos exteriores da BBC para España e como xefe de tradución da Organización Internacional do Café.

«”Mil cousas poden pasar”: viaxes polos vieiros da imaxinación»

Baixo o título «Vieiros polos camiños da imaxinación», Héitor Mera publica no «Cartafol de Libros« de Vieiros unha crítica de Mil cousas poden pasar. Libro I, a obra de Jacobo Fernández Serrano gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Reproducimos o texto na súa totalidade: Falabamos nunha recensión anterior de tres variables que se deberían de dar nun libro concibido para lectores infantes.

«”Mercurio”: crime sen castigo», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Baixo o título «Crime sen castigo», Manuel Rodríguez Alonso publica no «Cartafol de Libros« de Vieiros unha crítica de Mercurio, a primeira novela de Emilio Alonso.