Menu Xerais

«”Sete palabras” é un libro onde se funden literatura máis vida»

«Unha busca da identidade e das orixes: iso é Sete palabras (Edicións Xerais 2009), a nova obra de Suso de Toro , na que o escritor se converte en personaxe de novela, protagonista e narrador a un tempo. Ficción e realidade mestúranse ao longo das páxinas nunha sorte de viaxe dende Santiago de Compostela deica  Cuba, as terras zamoranas ou Madrid; de travesía interior dende a actualidade ata os comezos do século pasado».

No país das mil vacas

Na súa edición do pasado domingo, La Voz de Galicia faise eco da aparición de No país das vacas, o libro máis recente de Xurxo Lobato. Baixo o título de «En el país de las mil vacas», J. Benito percorre os principais contidos da obra, salientando que é «una publicación que rinde tributo a un animal asociado a la imagen de Galicia, que explica cómo vive, de qué vive y quién vive de ella.

«Mais que ben que a contou», unha crítica de Vicente Araguas

A CRÍTICA CONSIDÉRAO UN DOS MELLORES LIBROS DO ANO PASADO Cid Cabido é unha «rara avis» na nosa literatura. Un nachiño que xa non é que omita a súa foto nas lapelas dos seus libros (nun deles aparecía ao lonxe, figuriña mínima nunha paisaxe portuaria) senón que ás veces, así a novela que teño diante miña, nin sequera se nos di quen é e onde vai este escritor que se apelida Cid e máis Cabido.

«Sete palabras» de Suso de Toro, presentación en Rianxo

O libro de Suso de Toro Sete palabras será presentado este venres 29 de xaneiro ás 20:30 no auditorio de Rianxo. No acto estarán presentes o autor; o secretario de Barbantia, Xosé Ricardo Losada; o académico, investigador e Premio Barbantia da Cultura Galega 2009, Xosé Luís Axeitos; o director de Xerais, Manuel Bragado; e mais o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro.

Marilar Aleixandre hoxe no Liceo de Ourense

A escritora Marilar Aleixandre, autora da novela A Cabeza de Medusa, premio Fundación Caixa Galicia 2008 de literatura xuvenil, participará hoxe ás 17:00 horas nun encontro con lectores e lectoras no Liceo de Ourense.

Cabanillas revisado

Os catedráticos Xosé R. Pena e Xosé María Dobarro foron os responsables dun proxecto necesario que felizmente se levou a bo termo como é a compilación e ordenación do inxente material poético que Ramón Cabanillas foi ofrecendo ao longo da súa vida.

Herikberto Quesada participará esta noite no programa de Buenafuente na Sexta

Hoxe luns, no programa de Buenafuente na Sexta, será entrevistado o escritor e debuxante Herikberto M. Quesada, autor do libro O home do traxe branco editado en galego por Xerais. Nos últimos días diversos medios escritos fixéronse eco da aparición deste libro, considerado xa como unha das grandes sorpresas literarias do ano.

X.L. Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega

O equipo de profesionais de Xerais expresa os seus parabéns a X.L. Méndez Ferrín pola súa elección como presidente da Real Academia Galega. Con este motivo, Manuel Bragado, o director da editorial, publicou hoxe nas páxinas de Faro de Vigo un artigo salientando o decisivo desta elección para a cultura galega e para o futuro do noso país.

«Valados» recomendado por Trafegando Ronseis

Agustín Fernández Paz demostra en Valados que non son necesarias grandilocuencias nin rimbombancias para denunciar a realidade do noso mundo; ese que nós, os humanos, nos empeñamos en empozoñar cada día, construíndo valados arredor nosa: coa indiferencia, co odio, co medo, co silencio.

Convocados os Premios Xerais 2010

Xa se poden descargar as bases dos Premios Xerais de Novela 2010 (25.000 euros) e Merlín de Literatura Infantil 2010 (10.000 euros). Para participar en calquera dos dous concursos, cómpre presentar de cada orixinal seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo, antes do día 12 abril de 2010 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia, S.A., rúa Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo.

«O fracaso dun éxito», retrato de Ramón Cabanillas

Suso de Toro publica hoxe nas páxinas de «Luces» de El País Galicia, baixo o título «O fracaso dun éxito», un retrato literario da figura de Ramón Cabanillas. Un texto que continúa a liña dos moitos traballos publicados con motivo do cincuentenario do pasamento do poeta da raza e da publicación da súa Poesía galega completa por Xerais no pasado mes de novembro.

Xabier Quiroga: «Eu fago novelas de terror político»

Xan Carballa publica nas páxinas de «Luces» de El País Galicia unha interesantísima entrevista a Xabier Quiroga, con motivo da publicación da cuarta novela do escritor do Saviñao, O Cabo do Mundo.