Menu Xerais

Catálogo de texto ESO e BAC 2008/2009

O profesorado de ESO e BAC pode baixar aquí en PDF o noso Catálogo de libro de texto para o curso 2008/2009.

Crítica “A venus de cristal”

Crítica “A venus de cristal”

O blogueiro Óscar Sánchez publica no novo número de Protexta unha crítica sobre A venus de cristal, a novela de Chelo Suárez. Recollemos o seu primeiro parágrafo: “Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adivinatorios aprendidos en Exipto”.

Nova crítica sobre “A cultura do pan”

Nova crítica sobre “A cultura do pan”

O escritor Xosé Lois García, que recibiu o pasado domingo o Pedrón de Honra, publica hoxe en Galicia hoxe unha segunda crítica sobre A cultura do pan do libro de Xosé Lois Ripalda ao que xa temos feito numerosas referencias neste blog. Recollemos un parágrafo de tan gabancioso texto: “Sobrio e rigoroso.

Tres novos títulos de Xabaril

Tres novos títulos de Xabaril

Recibimos tres novas reedicións da renovada colección Xabaril de clásicos da literatura xuvenil: Viaxe ao centro da Terra e A volta ao mundo en 80 días de Jules Verne e Venres ou a vida salvaxe de Michel Tournier.

Nova crítica de “Roseira do teu mencer”

Nova crítica de “Roseira do teu mencer”

María Navarro publica no especial de Faro da Cultura dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez unha nova crítica sobre a nosa edición recente de Roseira do teu mencer.

Entrevista a Xesús Manuel Marcos

Entrevista a Xesús Manuel Marcos

A edición impresa d’ A Nosa Terra publica unha entrevista con Xesús Manuel Marcos, o autor d’ A lúa dos Everglades, Premio Terra de Melide 2007. Na entrevista o autor do Caurel fala dos seus próximos proxectos: “Estou traballando nunha tetraloxía, da cal só podo dicir os temas, porque cando adianto cousas así parece que se gafan.

Crítica de “Roseira do teu mencer”

Crítica de “Roseira do teu mencer”

Isabel Soto pubica en Lg3 unha crítica da nova edición de Roseira do teu mencer, o poemario de Xosé María Álvarez Blázquez que publicamos na colección Merlín.

“Sopa de marsopa”: nace o detective Bilbo Bons

“Sopa de marsopa”: nace o detective Bilbo Bons

Galicia hoxe entrevista á escritora Isabel Freire con motivo da publicación de Sopa de marsopa, a novela infantil na que nace o detective Bilbo Bons. Recollemos un parágrafo da entrevista: “Mais, lonxe dos arquetipos de detectives máis habituais, este personaxe, segundo di a autora, é ‘inxenuo, bondadoso, amigo dos animais e moi curioso, unha curiosidade que o leva a seguir calquera cousa estraña’.

“Os libros de Merlín”, libros de lecturas para 3º e 4º de Primaria

No noso blog de lingua anunciamos hoxe a aparición d’ Os libros de Merlín, os novos libros de lecturas para 3º e 4º de Primaria. Pode obterse información completa sobre as súas características aquí.

“Xosé María Álvarez Blázquez. Unha fotobiografía”

“Xosé María Álvarez Blázquez. Unha fotobiografía”

Estes días chega ás librarías Xosé María Álvarez Blázquez. Unha fotobiografía, álbum preprado por Alfonso Álvarez Cáccamo. A obra será presentada en Vigo o vindeiro 28 de maio.

Novo blog: Xerais lingua

Novo blog: Xerais lingua

Hoxe abrimos a versión beta dun novo blog da editorial: Xerais lingua. Neste novo espazo publicaremos noticias sobre os nosos materiais da área de lingua e literatura galega, tanto de Primaria, ESO como Bacharelato, así como recursos didácticos d einterese para o profesorado da área.

“De provincia a nación”, Premio da Crítica Galicia e Premio Losada Diéguez

“De provincia a nación”, Premio da Crítica Galicia e Premio Losada Diéguez

De provincia a nación. Historia do galeguismo político de Justo Beramendi acaba de recibir un novo recoñecemento, neste caso o Premio da Crítica Galicia no apartado de investigación, outorgado pola Fundación Premios da Crítica. O xurado destacou a importancia desta obra polo “pormenorizado estudo da traxectoria do galeguismo político e a proxección e transcendencia da achega do autor”.