Menu Xerais

Catálogos de lecturas en pdf

Catálogos de lecturas en pdf

Xa se poden descargar no noso espazo web os catálogos 2008, en formato pdf, das coleccións Fóra de Xogo; Merlín; Sopa de Libros, Amancio Amigo, As aventuras de Nunavut e Andavía, ademais do nosas series dirixidas a Primeiros Lectores.

“Obra dramática” de Francisco Taxes

“Obra dramática” de Francisco Taxes

”Escritor maldito nunha cultura tanto tempo maldita”, como o describiu Manuel Rivas en 1978, o escritor e guionista de cine Francisco Taxes Prego (A Coruña, 1940-2003) apostou nos seus textos por un teatro popular, comprometido e divertido, contribuíndo deste xeito a converter a arte de Talía nunha ferramenta fundamental na loita a prol da recuperación e a normalización da cultura e a lingua galegas.

“Veleno tinto” de Ramón Carredano

“Veleno tinto” de Ramón Carredano

Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela.

Premios Xerais 2008, o 7 de abril péchase a admisión de orixinais

Premios Xerais 2008, o 7 de abril péchase a admisión de orixinais

O luns día 7 de abril péchase a admisión de orixinais da XXVº Premio Xerais de Novela, da XXIIIº Premio Merlín de Literatura Infantil e do IIIº Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Os premios fallaranse o 7 de xuño de 2008 na illa de San Simón. Tal como establecen as bases, no mes de maio, anunciarase a composición dos tres xurados.

Serán pola paz

Serán pola paz

O 18 de abril, venres ás 20:00 horas, celebrarase no Teatro Caixanova de Vigo o SERÁN POLA PAZ. Un acto literario musical, conducido por Manuel Romón, inserido nas actividades do XXII Encontro de Educadores pola Paz, no que presentaremos os dos primeiros volumes da triloxía Educación e paz: 25 anos de Educadores pola Paz de Xesús R.

“Alimentación saudable”

“Alimentación saudable”

Que son as calorías baleiras? Por que é necesaria a fibra dietética? Que teñen de especial os ácidos graxos omega-3? Como é un menú axeitado para persoas con problemas de colesterol? Existe relación entre saúde e distribución de graxa corporal? Por que a obesidade é unha enfermidade? Que é iso dos prebióticos e probióticos? Este libro da doutora Montserrat Astor e do profesor Xulio Astor pretende, cunha linguaxe sinxela e

“Cazaría salvaxe” de Agustín Agra

“Cazaría salvaxe” de Agustín Agra

“Cazaría salvaxe”, a estrea de Agustín Agra en Fóra de Xogo