Menu Xerais

«Laxeiro por si mesmo», presentación

«Laxeiro por si mesmo», presentación

Mañá, 11 de novembro, ás 12:30 horas, no Centro Social Caixanova de Vigo será presentado Laxeiro por si mesmo de Carlos G. Reigosa. No acto, inscrito no curso da UIMP «Cen anos con Laxeiro», participarán xunto ao autor os pintores Antón Lamazares, Antón Patiño e Antón Pulido. Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o “eu” primixenio.

«Mondo e outras historias», reedición en Narrativa

«Mondo e outras historias», reedición en Narrativa

Coincidindo coa entrega hoxe do Premio Nobel de Literatura a J.M.G. Le Clézio aparece a nova edición de Mondo e outras historias, desta volta publicado dentro da colección Xerais Narrativa.

Manuel Rivas e Teresa Moure no «Diario Cultural»

Manuel Rivas e Teresa Moure no «Diario Cultural»

Aquí pode escoitarse a entrevista que no Diario Cultural, emitido dende Cultur.gal o pasado venres, fixéronlle a Manuel Rivas e Teresa Moure arredor dos seus novos libros A corpo aberto e O natural é político.

Jaureguizar presentou «O Globo de Shakespeare» no Cultur.gal

Jaureguizar presentou «O Globo de Shakespeare» no Cultur.gal

Jaureguízar presentou O Globo de Shakespeare, a novela gañadora do Premio Terra de Melide no Cultur.gal 2008. Foi entrevistado por Óscar Sánchez de forma moi animada.

«Historia de Ourense», presentación

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=w8ZKM6rAppw] Tele Miño emitiu esta noticia sobre a presentación de Historia de Ourense e a homenaxe posterior a Marcos Valcárcel.

Fran Alonso fala de «Un país a medio facer»

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=hrwIp2FituQ] Fran Alonso presenta Un país a medio facer na xeira de entrevistas Falemos de libros emitidas en directo por internet dende o Cultur.gal pola AELG.

Agustín Fernández Paz no «Paseo dos soños»

Agustín Fernández Paz no «Paseo dos soños»

O vindeiro domingo, 14 de decembro, Agustín Fernández Paz será homenaxeado no Muíño de Rañego da súa Vilalba natal pola Fundación Manuel María. Tras unha mesa redonda (ás 12:00) sobre a súa figura, na que participarán Fina Casalderrey, Xabier P.

Carlos Taibo, entrevistado por «Vieiros»

Carlos Taibo, entrevistado por «Vieiros»

Carlos Taibo, autor de Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional, é entrevistado por Vieiros.

Xosé Ramón Pena, entrevista en «Faro de Vigo»

Xosé Ramón Pena, entrevista en «Faro de Vigo»

Foto: Eli Regueira Xosé Ramón Pena é entrevistado en Faro de Vigo con motivo da aparición nas librarías d’ A batalla do paraíso triste, a súa máis recente novela publicada en Xerais Narrativa.

Manuel Rivas fala d’ «A corpo aberto»

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=AwWEFw6HAnE] Manuel Rivas presenta A corpo aberto na xeira de entrevistas Falemos dos libros emitidas en directo por Internet dende o Cultur.gal pola AELG.

Teresa Moure, no Culturgal

Teresa Moure, no Culturgal

Galicia hoxe dá conta da presentación no Culturgal d’ O natural é político, o máis recente ensaio de Teresa Moure.

Xerais no Culturgal, actos do sábado e domingo

Xerais no Culturgal, actos do sábado e domingo

Xerais está presente en Culturgal no estand nº 45.