Menu Xerais

«As mellores intencións»: unha boa novela curta

«As mellores intencións»: unha boa novela curta

«Unha boa novela curta», «boa noveliña, non só pola preocupación que pola técnica amosa a escritora, senón tamén pola meditación sobre o galego que emprega e as opcións que elixe», son algunhas das valoracións que Manuel Rodríguez Alonso realiza no Cartafol de Vieiros sobre As mellores intencións, a novela de Begoña Paz, premio concello de Riveira.

«A Cabeza de Medusa», presentación en Compostela

«A Cabeza de Medusa», presentación en Compostela

Mañá mércores, 29 de outubro, ás 18:30 horas, presentarase A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, obra gañadora da IIIª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. No acto, que se realizará na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia (Frei Rosendo Salvado, 14-16) de Santiago de Compostela, participarán a autora,  Xavier Senín, Manuel Bragado e Verónica Rego.

«Le Clézio na casa», artigo de X.L. Méndez Ferrín

«Le Clézio na casa», artigo de X.L. Méndez Ferrín

Hoxe, X.L. Méndez Ferrín, na súa columna de Faro de Vigo recorda como se xestou na editorial en 1987 a tradución de Raquel Villanueva e Valentín Arias e edición en Xabarín de Mondo e outras historias de J. M. Le Clézio, o premio Nobel de Literatura 2008. Naquel momento a veterana colección xuvenil era dirixida por Luís Mariño e polo propio Ferrín.

Parabéns para Agustín

Parabéns para Agustín

Foto Lalo Villar A concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz continúa provocando un auténtico regueiro de parabéns na rede.

Agustín Fernández Paz, Premio Nacional 2008

Agustín Fernández Paz, Premio Nacional 2008

Agustín Fernández Paz foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, co seu libro O único que queda é o amor.

Agustín Fernández Paz: Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008

Agustín Fernández Paz: Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008

Agustín Fernández Paz foi galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 polo seu libro O único que queda é o amor, publicado por Xerais no pasado mes de decembro.

«Polo correo do vento», nova colección infantil

«Polo correo do vento», nova colección infantil

Esta semana chegan ás librarías os tres primeiros títulos de «Polo correo do vento», unha nova colección de non ficción destinada a primeiros lectores. Preparada por Mau e Pin, cada libro está concibido para inicialos no coñecemento da natureza galega e doutros temas relacionados coa cultura de noso, ademais de facer moito fincapé na onomástica galega. Cada un dos libros conta con trinta dúas páxinas a toda cor.

«O libro das viaxes imaxinarias», chega ás librarías

«O libro das viaxes imaxinarias», chega ás librarías

Esta semana chega ás librarías O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobás. A obra, froito da coedición de Anaya Infantil y Juvenil e Xerais, preséntase nun formato inusualmente esvelto (19,5 x 29), con encadernación acartonada e sobrecuberta, ademais de incluír un despregabre de oito páxinas. Na rede xa apareceron as primeiras referencias.

«De provincia a nación»: Premio Nacional de Ensaio 2008

«De provincia a nación»: Premio Nacional de Ensaio 2008

Justo Beramendi foi galardoado co Premio Nacional de Ensaio 2008 polo seu libro De provincia a nación. Historia do Galeguismo Político, publicado por Xerais no pasado ano 2007. De Provincia a nación.

Herminio Barreiro, entrevista en «Tempos»

Herminio Barreiro, entrevista en «Tempos»

Herminio Barreiro, autor de Recordar doe,  é entrevistado por Iago Martínez en Tempos. Recollemos varios fragmentos: Aos vinte anos nin doe recordar nin doe nada, pero a unha certa idade si. Recordar doe porque é tomar conciencia do paso do tempo. Por que hai unha certa amargura no que se lembra? Porque xa non existe. Nin a vivencia nin o espazo da vivencia. Desapareceu.

«O libro das viaxes imaxinarias» de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas

Hoxe entrou no almacén un dos libros máis agardados do ano, O libro das viaxes imaxinarias escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas. Chegará ás librarías a vindeira semana e será presentado 13 de novembro, ás 20:00 horas na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña. Un libro inusualmente fermoso de formato esvelto e páxinas despregables.

«Reversos. (Días adiados)», derradeiro poemario de Ramiro Fonte

«Reversos. (Días adiados)», derradeiro poemario de Ramiro Fonte

Chegan do prelo os primeiros exemplares de Reversos. (Días adiados), o derradeiro poemario do poeta Ramiro Fonte, falecido o pasado sábado, 11 de outubro. Continuando co ciclo de poemas complementarios de formas clásicas, recompilado en A rocha dos poscritos (Xerais 2005), Fonte ofrece un libro memorable.