Menu Xerais

«Non son de aquí», palabra e lugar

«Non son de aquí», palabra e lugar

Iago Castro Buerguer publica hoxe no suplemento «Nós» do Xornal de Galicia esta crítica sobre o poemario Non son de aquí de María do Cebreiro. Que nada lle sexa alleo: velaquí o principal e máis ambicioso compromiso de María do Cebreiro co poema, como volve demostrar co libro de recente publicación de Non son de aquí (Xerais).

«O libro das viaxes imaxinarias», proposta para este milenio

«O libro das viaxes imaxinarias», proposta para este milenio

Camilo Franco publica hoxe no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia esta crítica sobre O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. En literatura contemporánea case todas as viaxes que comezan en Italo Calvino acaban onde teñen que acabar: no lector. Calvino coñecía ese segredo da narrartiva como escudo de Perseo, que serve para ver as cousas sen que causen o dano da realidade. Xabier P.

Catro obras de Xerais entre «O mellor do 2008» para «Culturas»

O suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia publica hoxe unha dobre páxina na que se recollen críticas de seis obras consideradas como «O mellor do 2008». Entre elas están catro publicadas pola editorial: O xardín das pedras flotantes de Manuel Lourenzo González, O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas, Renacer de Xabier Paz e De provincia a nación.

«O Globo de Shakespeare», presentación en Ribadeo

«O Globo de Shakespeare», presentación en Ribadeo

Mañá, sábado, 3 de xaneiro, as 20:30 horas, na libraría Casa das Letras de Ribadeo, presentarase O Globo de Shakespeare, a máis recente novela de Jaureguizar. No acto o autor ribadense conversará con Gonzalo Moure, co-autor d’ A porta de Mayo.

Xerais Narrativa, adianto de novidades 2009

Xerais Narrativa, adianto de novidades 2009

Ademais da novela de François Bégaudeau, A clase, ao longo deste mes de xaneiro aparecerán outras dúas: Riofero de Xelís de Toro e Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes, último Premio de Narrativa galego portuguesa Eixo Atlántico.

Jaureguizar entrevistado no «Xornal de Galicia»

Jaureguizar entrevistado no «Xornal de Galicia»

Iago Martínez entrevista no Xornal de Galicia a Jaureguizar con motivo da publicación d’ O Globo de Shakespeare, Premio Terra de Melide 2008. Recollemos un fragmento da conversa: É unha novela moi popular, talvez a máis popular de Jaureguizar. A min gustaríame que o fose. Dende logo, ten unha vocación moi popular e unhas paixóns moi fortes que van na busca do público.

«A clase», de François Bégaudeau, primeira novidade de Xerais Narrativa 2009

«A clase», de François Bégaudeau, primeira novidade de Xerais Narrativa 2009

A clase, a exitosa novela de François Begaudeau, traducida para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto, será a primeira novidade de Xerais Narrativa para 2009. A clase aparecerá nas librarías, na segunda semana de xaneiro coincidindo coa estrea en España, o 16 de xaneiro, da película homónima de Laurent Cantet, premiada coa Palma de Ouro de Cannes 2008 e candidata francesa aos Oscar.

«O Globo de Shakespeare» en «Culturas»

«O Globo de Shakespeare» en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o día 20 de decembro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre O Globo de Shakespeare, a máis recente novela de Jaureguizar, gañadora do Premio Terra de Melide 2008.

«Xenaro e o misterio da mochila verde» en «Culturas»

«Xenaro e o misterio da mochila verde» en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 13 de decembro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre Xenaro e o misterio da mochila verde, a novela de Mar Guerra, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2008.

«Mil cretinos» de Monzó en «Culturas»

«Mil cretinos» de Monzó en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o 6 de decembro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia esta crítica de Mil cretinos, o libro de relatos de Quim Monzó traducido por Helena González.

«Lía e as zapatillas de deporte»

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=e5-0pnNiL8k] María Reimóndez presentou en Espazo Lectura Lía e as zapatillas de deportes.

«Un país a medio facer», crítica de Arturo Casas

«Un país a medio facer», crítica de Arturo Casas

Arturo Casas publica no seu blog un interesante comentario sobre Un país a medio facer o máis recente libro de Fran Alonso. Recollemos un dos fragmentos do texto: Xulgo moi acertada esta lectura que Fran Alonso ofrece dos cambios habidos na vida cultural entre dous momentos profesionais seus separados por vinte anos no recentísimo Un país por facer (Xerais, 2008).