Menu Xerais

Programación de Lingua e Literatura 1º de Bacharelato

Programación de Lingua e Literatura 1º de Bacharelato

En Xerais lingua, poñemos á disposición do profesorado de Bacharelato unha primeira versión, aínda non definitiva, da programación de Lingua e Literatura 1º de Bacharelato de Xerais para o curso 2008-2009, que se pode descargar en formato pdf.

Rectificamos

Comunícannos os amigos de Lg3 que na súa páxina xa saíra unha crítica, feita por Anxos García Fonte, de O profesor de vegliota de Manuel Veiga o pasado 28 de abril. Non coñeciamos tampouco as críticas aparecidas sobre A cultura do pan de Xosé Lois Ripalda, esta a cargo de Xurxo M. Ayán o 5 de maio. A cadaquén, o seu.

“O profesor de vegliota”, primeira crítica

“O profesor de vegliota”, primeira crítica

Armando Requeixo publica en Faro da Cultura a primeira critica d’ O profesor de vegliota, a novela de Manuel Veiga.

“Memoria contra Alzheimer”, crítica

“Memoria contra Alzheimer”, crítica

Xosé Feixó publica hoxe en Faro da Cultura a primeira crítica de Memoria contra Alzheimer, a novela de Rafael Laso publicada en Fóra de Xogo.

“Festina lente”, a novela de Marcos S. Calveiro

“Festina lente”, a novela de Marcos S. Calveiro

Hoxe chegaron do prelo os primeiros exemplares de Festina lente, a primeira novela de Marcos S. Calveiro que publicamos en Xerais Narrativa. Novela histórica, ambientada na Compostela do século dezasete, escrita con enorme alento e prosa inusualmente depurada, propón ao lector unha intrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempo de intolerancia. Estará nas librarías na vindeira semana.

Catálogo de texto ESO e BAC 2008/2009

O profesorado de ESO e BAC pode baixar aquí en PDF o noso Catálogo de libro de texto para o curso 2008/2009.

Crítica “A venus de cristal”

Crítica “A venus de cristal”

O blogueiro Óscar Sánchez publica no novo número de Protexta unha crítica sobre A venus de cristal, a novela de Chelo Suárez. Recollemos o seu primeiro parágrafo: “Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adivinatorios aprendidos en Exipto”.

Nova crítica sobre “A cultura do pan”

Nova crítica sobre “A cultura do pan”

O escritor Xosé Lois García, que recibiu o pasado domingo o Pedrón de Honra, publica hoxe en Galicia hoxe unha segunda crítica sobre A cultura do pan do libro de Xosé Lois Ripalda ao que xa temos feito numerosas referencias neste blog. Recollemos un parágrafo de tan gabancioso texto: “Sobrio e rigoroso.

Tres novos títulos de Xabaril

Tres novos títulos de Xabaril

Recibimos tres novas reedicións da renovada colección Xabaril de clásicos da literatura xuvenil: Viaxe ao centro da Terra e A volta ao mundo en 80 días de Jules Verne e Venres ou a vida salvaxe de Michel Tournier.

Nova crítica de “Roseira do teu mencer”

Nova crítica de “Roseira do teu mencer”

María Navarro publica no especial de Faro da Cultura dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez unha nova crítica sobre a nosa edición recente de Roseira do teu mencer.

Entrevista a Xesús Manuel Marcos

Entrevista a Xesús Manuel Marcos

A edición impresa d’ A Nosa Terra publica unha entrevista con Xesús Manuel Marcos, o autor d’ A lúa dos Everglades, Premio Terra de Melide 2007. Na entrevista o autor do Caurel fala dos seus próximos proxectos: “Estou traballando nunha tetraloxía, da cal só podo dicir os temas, porque cando adianto cousas así parece que se gafan.

Crítica de “Roseira do teu mencer”

Crítica de “Roseira do teu mencer”

Isabel Soto pubica en Lg3 unha crítica da nova edición de Roseira do teu mencer, o poemario de Xosé María Álvarez Blázquez que publicamos na colección Merlín.